Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Cornide-Modia.
Situación: Narón.
Descricións técnicas: derivada liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 6 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 7 da liña que alimenta ó C.T. Redondo e final no novo C.T. Cornide-Modia, que se vai instalar.
Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/0,385-0,220 kV en Cornide-Modia do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 10 m que se conecta á rede existente. Concello de Narón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 27 de decembro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña