Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 22 de xaneiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número V-2002/0117, interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense, do 5 de febreiro de 2002.

De conformidade co disposto no artículo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado

Antonio Fernández Quiroga, co último domicilio coñecido en Avenida de Marín, nº 25-2º A-32004 Ourense, a resolución do recurso de alzada número V-2002/0117 interposto por David González Rivera contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 5 de febreiro de 2002, da que a súa parte dispositiva di:

«Na súa virtude,

RESOLVO:

Estimar en parte o recurso de alzada número V-2002/0117 presentado por David González Rive

ra, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de Ourense, dictada o 5 de febreiro de 2002, no expediente E.S. OU-28-01, pola que se lle impón unha sanción de multa de 601,01 A (100.000 ptas.) como responsable da comisión dunha infracción grave tipificada no artigo 5 e) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, declarando a non procedencia da sanción pero mantendo a obriga de desmonta-los toldos fixos; resolución que se revoga coa devolución do expediente á Delegación Provincial do IGVS de Ourense.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme co disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste y lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula».

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda