Obxecto do contrato: subministración de equipamento e mobiliario para o Parque contra Incendios de Boiro.
Prazo de entrega: un mes.
Orzamento: 192.323,27 euros.
Garantías:
Provisional: 3.486 euros.
Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
Proposicións. Lugar e prazo: das 10 ás 14 horas, dentro do prazo de oito días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, na sede do Consorcio-Deputación Provincial da Coruña.
Información: Consorcio Provincial contra Incendios da Coruña-Deputación Provincial.
Teléfono: 981 81 46 97.
Fax: 981 18 33 40.
Anuncio extenso: BOP.
A Coruña, 7 de xaneiro de 2003.
José Luis Torres Colomer
Presidente do Consorcio Provincial contra
Incendios e Salvamento da Coruña