Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 7 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores OU 386/02 IN e OU 476/02 IN relacionados no anexo, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalará a seguir, as propostas de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e de seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 24 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2002 ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación

para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, e os documentos informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do Regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoo en calquera entidade bancaria.

Ourense, 7 de xaneiro de 2003.

Montserrat González Pérez

Instructora

Vº Bº

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo

coñecido

Feito

denunciado

Precepto infrinxido

e sancionador

Sanción

euros

OU 386/02 INAna Aurora dos Santos

X-2453754-E

R/ San Eufrasio, nº 148-1º

27002 Lugo

Abandono dun vehículo

LU-8285-G

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-2-2002 da DXM e MAN300,51 A

OU 476/02 INMaría Cristina Bravo Llamas

09754604

R/ Santa Ana, nº 3

24006 León

Abandono dun vehículo

LE-4414-F

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e MAN300,51 A