Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Xoves, 06 de febreiro de 2003 Páx. 1.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a realización das obras incluídas no proxecto de Cinto Arterial de abastecemento de auga potable (1ª fase).

Tipo de licitación: 1.829.000 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será dun ano contado a partir da data da acta de comprobación do replanteamento.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presenta-las proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte á data da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Estudio. R/ Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2, teléfono: 981 59 33 85.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 h, o segundo día hábil seguinte, non sábado, ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde