Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Xoves, 06 de febreiro de 2003 Páx. 1.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2002 pola que se anuncia o sometemento a información pública do estudio de efectos ambientais relativo ó proxecto de modificación concesional dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica no río Tambre. (Expediente 6/204/23).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia recibiuse a petición de modificación da concesión outorgada para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico no río Tambre, presentada co proxecto das obras e instalacións e o estudio ambiental correspondente.

Levada adiante polo órgano competente a cualificación ambiental segundo o establecido no artigo 1.2º da Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, o proxecto foi cualificado como sometido a avaliación de efectos ambientais.

En cumprimento do disposto no artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, e no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, sométese ó trámite de información pública a petición e a documentación ambiental relativa ó proxecto do que se fai un breve resumo no anexo, para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes, persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro do Servicio Territorial da Demar

cación Galicia-Centro de Augas de Galicia, sito na praza de Vigo, 2 entresollado, 15701 Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles establecido para o efecto.

O prazo comezará a computarse a partir da data da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción no Diario Oficial de Galicia, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios das casas dos concellos de Trazo e Santiago de Compostela e nas dependencias do Servicio Territorial da Demarcación Galicia-Centro de Augas de Galicia.

Os que se consideren interesados terán á súa disposición para os devanditos efectos informativos, copia da petición e do estudio ambiental, para que poidan ser examinados nas seguintes dependencias administrativas:

-Estudio de efectos ambientais do proxecto:

* Augas de Galicia, Servicio Territorial da Demarcación Galicia-Centro: praza de Vigo, 2 entresollado, 15701 Santiago de Compostela.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial de Medio Ambiente da Coruña: edificio de Servicios Múltiples Monelos, praza Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

* Concello de Santiago de Compostela: praza do Obradoiro, s/n, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

* Concello de Trazo: r/ Viaño Pequeño, 15687 Trazo (A Coruña).

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2002.

Francisco Pan-Montojo González

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Unión Fenosa Generación, S.A.

Enderezo: avda. de San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación do aproveitamento: de Fecha.

* Os aspectos máis destacados son:

Denominación do proxecto: proxecto da obra civil da ampliación da Central Hidroeléctrica de Fecha.

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal concedido: 28 m/seg.

Caudal ampliado: 28 m/seg.

Caudal total da concesión: 56 m/seg.

Correntes de derivación: río Tambre (cota normal de encoro: 198 m.S.N.M).

Corrente de restitución: río Tambre (cota de auga no río:189,7 m.S.N.M).

Desnivel (salto bruto): 8,3 m.

Potencia total instalada: 3.915 kW.

Concellos afectados: Santiago de Compostela e Trazo (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Na dita ampliación tódalas instalacións de obra civil (azude, obra de toma, canle de derivación, cámara de carga, tubaxe forzada, accesos e o tendido eléctrico) atópanse xa construídas. Do mesmo xeito, a maior parte das instalacións electromecánicas e eléctricas non deberán ser substituídas (reixa, comportas, válvulas, aparellos eléctricos, etc.).

Os únicos elementos obxecto de modificación son:

1. Ampliación do edificio da central existente cunha nave de 8x8 m, que albergue o novo grupo.

2. Equipos electromecánicos: adaptarase a turbina existente pasando dos 28 m/seg. actuais a 36 m/seg., mediante adaptacións no distribuidor e nas pas do rodete. Os 20 m/seg. restantes ata completa-los 56 m/seg. turbinaranse co novo grupo que se vai instalar, unha turbina Kaplan de dobre regulación de eixe vertical de 1.457 kW de potencia, para un caudal nominal de 20 m/seg. e un salto neto de 8,2 m. Instalaranse tamén unha unidade de xerador síncrono trifásico de 1.620 KVA, de 660 V de tensión e de 273 r.p.m de velocidade síncrona e 815 r.p.m de velocidade de embalamento.

Como órgano de garda instalarase unha comporta tipo Wagon situada na entrada da cámara frontoespiral. Colocarase unha ataguía na aspiración augas abaixo da turbina para facilita-la inspección e mantemento. Como sistemas de regulación instalaranse detectores de velocidade, un grupo oleohidráulico e servomotores de regulación.

Denominación do estudio ambiental: estudio de efectos ambientais do proxecto de obra civil da ampliación da Central Hidroeléctrica de Fecha (A Coruña).

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.