Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Xoves, 06 de febreiro de 2003 Páx. 1.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia e tramitación anticipada, para a contratación dos servicios de vixilancia nos lugares de atracada das embarcacións da Subdirección Xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación e da nave almacén de Portonovo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

2. Obxecto.

a) Descrición do obxecto: contratación dos servicios de vixilancia nos lugares de atracada das embarcacións da Subdirección Xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación e da nave almacén de Portonovo.

b) Prazo de execución: de xaneiro do 2003 ata o 31-12-2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e anticipada de expediente de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: quiñentos trinta mil euros (530.000 euros).

5. Garantía provisional.

Non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ou nas súas delegacións territoriais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 40 79.

e) Telefax: 981 54 40 31.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2149

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixen.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificio administrativo de San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15781), ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contrados do Estado.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano nº 5-2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día natural seguinte ó peche do prazo de presentación de propostas. No caso no que coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2002.

Miguel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería

de Pesca e Asuntos Marítimos