Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Xoves, 06 de febreiro de 2003 Páx. 1.366

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de citación (466/2001).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón acordou citar a Antonio Amado Botana co fin de que o vindeiro día 5 de marzo de 2003, ás 10.30 horas, asista na sala de vistas deste xulgado ó xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de estafa (623), en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer no acto de xuízo con tódolos medios de proba de que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Apercíboo de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa e recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

En caso de residir fóra deste termo municipal, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa, para que presente no dito acto as probas de descargo que tivese, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

En Padrón, trece de decembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

* Resumo dos feitos obxecto da demanda.

Feitos: falta de estafa (623).

Data: 28 de setembro de 2001.

Denunciante: José Antonio Vila González.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA