Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Xoves, 06 de febreiro de 2003 Páx. 1.349

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 5/2003, do 2 de xaneiro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construcción do acondicionamento da estrada C-531. Vilavidal-Cortegada (Ourense), clave: OU/99/59.1.

Advertido erro no citado decreto, publicado no DOG nº 11, do venres 17 de xaneiro de 2003, cómpre realiza-la seguinte corrección:

Na páxina 574, no primeiro parágrafo do Decreto 5/2003, onde di: «Con data do 17 de setembro de 2002...», debe dicir: «Con data do 19 de setembro de 2002...».