Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Mércores, 05 de febreiro de 2003 Páx. 1.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 4 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador de pesca relacionado no anexo e de referencia OU 160/02-P devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De non efectuar alegacións ningunhas no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De conformidade co artigo 42.4º da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que, no caso de non resolve-los presentes expedientes no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ós interesados, se producirá a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

Para resolve-los expedientes é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería.

O pagamento voluntario porá fin ós expedientes. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 4 de decembro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente: OU 160/02-P.

Denunciado: David Sarmiento de la Riva.

DNI: 10088551-S.

Último enderezo coñecido: Batalla Roncesvalles 10, 2ºA, 24400 Ponferrada, León.

Feito denunciado: pescar en día inhábil.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 33.9º da Lei 7/1997, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 60,10 A.