1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).
b) Dependencia: interior.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: subministración consistente en arrendamento (sistema renting), con opción de compra, dun camión con destino ó servicio eléctrico.
b) Lotes: non.
c) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).
d) Prazo de execución: 30 días naturais.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 23.702 euros.
5. Garantías.
a) Provisional: 474,04 euros (2% do tipo de licitación).
b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Interior).
b) Domicilio: Alfonso XII, nº 2.
c) Localidade e código postal: Redondela 36800.
d) Teléfono: 986 40 03 00.
e) Telefax: 986 40 38 94.
f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.
8. Presentación de ofertas.
a) Prazo: 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.
Se o último día do prazo cadrase en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
-Entidade: Concello de Redondela.
-Domicilio: Alfonso XII, 2.
-Localidade e código postal: Redondela, 36800.
d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde o seguinte ó da apertura das ofertas.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Concello de Redondela.
b) Domicilio: Alfonso XII, 2.
c) Localidade: Redondela (Pontevedra).
d) Data: o día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.
e) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións.
O modelo de proposicións axustarase á correspondente cláusula do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios.
Serán por conta do adxudicatario.
Redondela, 20 de xaneiro de 2003.
Xaime Rei Barreiro
Alcalde