Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRÓN

ANUNCIO de concurso por procedemento aberto do Servicio de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos.

Tipo de licitación: 180.298,44 euros.

Aplicación orzamentaria: 442.227.00.

Duración: 12 anos.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: 2% (3.605,97 euros).

Garantía definitiva: 4% (7.211,94 euros).

Prazo e lugar de presentación das proposicións: poderanse presentar no rexistro xeral do concello, en horario de 9 a 13 horas, en sobres pechados, coa documentación e os requisitos esixidos no prego de condicións, no prazo de quince días contados a partir do día seguinte á data da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Os licitadores poderán presentar unha única oferta cun máximo de tres variantes.

Apertura de plicas: terá lugar na secretaría do concello, ás 10 horas do día hábil seguinte, non sábado, ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

Documentación: poderase consultar na secretaría do concello, en horario de 9 a 13 horas.

Padrón, 21 de xaneiro de 2003.

Jesús Villamor Calvo

Alcalde