Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.284

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO da aprobación inicial, dentro do procedemento de taxación conxunta, do proxecto de expropiación dos terreos e edificacións necesarias para executa-la obra de apertura e urbanización da rúa situada na travesía entre as rúas Estrada e A Roda (expediente 958/2002).

O Concello de Marín, no marco do procedemento de taxación conxunta para expropiación dos terreos e edificacións necesarias para executa-la obra de apertura e urbanización da rúa situada na travesía entre as rúas Estrada e A Roda, en sesión do 17 de xaneiro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación dos terreos e edificacións necesarios para executa-la obra de apertura e urbanización da rúa situada na travesía entre as rúas Estrada e A Roda, en Marín, prevista no plano viario-aliñacións nº 7 das NN.SS. de Marín, actualmente en vigor, e conforme o proxecto de urbanización aprobado definitivamente por resolución da alcaldía do 19-12-2003, lembrando que a aprobación da normativa urbanística competente, conforme o artigo 33 da LRSV, implica a declaración de utilidade pública e da necesidade de ocupación dos terreos e edificacións correspondentes.

2. Somete-lo proxecto de expropiación do punto 1º deste acordo a un período de información pública durante o prazo dun mes para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que estime convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoracións dos seus respectivos dereitos. Esta información se efectuará mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia.

3. Notificar individualmente ós que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes contado a partir da data de notificación.

De conformidade co disposto no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o proxecto citado no parágrafo anterior exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario

Oficial de Galicia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións dirixidas ó Concello de Marín que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoracións dos seus respectivos dereitos.

A referida documentación poderá consultarse nas dependencias da Secretaría Xeral do Concello de Marín, durante o citado prazo, tódolos días hábiles, en horario de 8 a 15 horas, agás o sábado, no que o horario é de 9 a 13 horas. A presentación de observacións e reclamacións poderá efectuarse por calquera das formas previstas na lexislación vixente do procedemento administrativo, facendo constar que, en caso de que se presenten no Concello de Marín directamente, se presentarán nas dependencias do rexistro xeral do concello durante o mesmo prazo que para a consulta do expediente e horario de 8 a 14 horas, tódolos días hábiles, agás o sábado, que será de 9 a 13 horas.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Marín, 20 de xaneiro de 2003.

Francisco A. Santiago Fernández

Alcalde-presidente

ANEXO

parcela

PropietariosEnderezoBens afectados

1Hermanas de la Caridad San Vicente de PaúlA Estrada 8, Marín338,82 m de terreo e 206,40 m de muro de pedra.

3Mª Marcelina Freijeiro VeigaDr. Marañón 23, Ourense45,25 m de terreo

4Antonio Rogelio Pena PiñeiroEzequiel Massoni 14-2º, Marín149,99 m de terreo e 19,44 m de muro de bloque.

5Ateneo Santa CeciliaCaracol 36, Marín133,13 m de terreo e 32,19 m de muro de bloque.

6AAntonio Rogelio Pena PiñeiroEzequiel Massoni 14-2º, Marín17,72 m de terreo e 14,10 m de galpón

6BHerdeiros de María Piñeiro AboyCalvo Sotelo 11-1º, Marín257,28 m de terreo e 22,20 m de muro de bloque.

6CHerdeiros de Francisco Pérez CrespoSalvador Moreno 1, Marín173,95 m de terreo; 36,30 m de muro de bloque e 10,85 m de ruínas.

7Hermanas de la Caridad San Vicente de PaúlA Estrada 8, Marín233,84 m de terreo.

8Purificación Crespo MartínezA Roda 23-1º, Marín117,99 m de terreo; 36,30 m de muro de pedra; 31,92 m de galiñeiro; 54,35 m de placa e 50,48 m de vivenda.

10José Otero AreaDescoñecido5,53 m de terreo e 11,04 m de vivenda.