Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, dunha consultoría para a realización de tarefas técnicas de desenvolvemento, implantación, soporte e mantemento de aplicacións informáticas no Servicio Galego de Saúde e centros dependentes (S/3-2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: S/3-2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: consultoría para a realización de tarefas técnicas de desenvolvemento, implantación, soporte e mantemento de aplicacións informáticas no Sergas e centros dependentes.

b) División por lotes e número: non.

d) Lugar de execución: edificio administrativo do Sergas en San Lázaro.

e) Prazo de execución: dous anos desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: anticipada do expediente de gasto, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: un millón trescentos setenta e un mil douscentos trinta e cinco euros (1.371.235 A).

5. Garantía provisional: 2% do importe de licitación, que corresponde cun importe de vintesete mil catrocentos vintecatro con setenta euros (27.424,70 A)

6. Obtención de documentación e información: 28-1-2003 Servicio Galego de Saúde (Sergas). Edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18 e telefax: 981 54 27 62.

7. a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría):

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 4-2-2003.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: (ver punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses, contados desde a data de apertura de proposicións económicas en acto público.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: 17-2-2003 a partir das 9 horas a.m. na sala 2.1 da segunda planta do edificio administrativo do Sergas en San Lázaro.

10. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo destes gastos ascende a tres mil euros (3.000 A).

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 10-1-2003.

12. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2003.

P.D. (Decreto 45/2002 do 8 de febreiro)

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos