1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: ente público Portos de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Explotación e Planificación.
c) Número do expediente: clave 13-17-03-C-1.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario para instalacións de subministración de combustible no porto de Bueu.
b) Lugar da concesión: Bueu.
c) Prazo da concesión: quince (15) anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Canon de explotación.
Importe total: o especificado no prego de bases.
5. Garantías.
Provisional: 2% do orzamento das instalacións ofertadas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: ente público Portos de Galicia.
b) Domicilio: praza de Europa 5 A, 6º (Área Central).
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
d) Teléfono: 981 54 72 00.
e) Telefax: 981 54 52 02.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do solicitante.
8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do cuadraxésimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases do concurso.
c) Lugar de presentación:
Entidade: ente público Portos de Galicia.
Domicilio: praza de Europa 5 A, 6º (Área Central).
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das proposicións.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: ente público Portos de Galicia.
b) Domicilio: praza de Europa 5 A, 6º (Área Central).
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.
e) Hora: 9 horas.
10. Outras informacións:
11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2003.
Emilio García Gallego
Presidente do ente público Portos de Galicia