Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2003 pola que se anuncia a licitación dun contrato de servicios de vixilancia.

O conselleiro maior do Consello de Contas, por Resolución do 29 de xaneiro deste ano, dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación dun contrato de servicios de vixilancia, co detalle que a seguir se relaciona:

1. Entidade adxudicadora.

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: prestación do servicio de vixilancia das sedes do Consello de Contas de Galicia e do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), segundo detalle recollido no prego de prescricións técnicas.

b) División por lotes: non.

c) Lugar de execución: edificio sede de ámbalas dúas institucións, sito na rúa de Domingo Fontán, números 7 e 9, en Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución: doce meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 246.414 A.

5. Garantía provisional: 4.928,28 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Domicilio: r/ Domingo Fontán, 9.

c) Localidade e CP: Santiago de Compostela. 15771.

d) Teléfono: 981 54 22 09.

e) Fax: 981 54 22 10.

f) Data límite de obtención de documentos e información: décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría B.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Documentación que hai que presentar: segundo detalle recollido no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Consello de Contas; rúa Domingo Fontán, número 9, en Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: tres meses contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Domicilio: r/ Domingo Fontán, 7.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: décimo segundo día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, ou primeiro día hábil seguinte de coincidir aquel en sábado ou festivo.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario, ata un límite de 1.000 A.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2003.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior