Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Martes, 04 de febreiro de 2003 Páx. 1.249

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 22 de xaneiro de 2003 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes previsto na Orde do 30 de decembro de 2002 pola que se modifica a Orde do 21 de setembro de 2000, modificada pola Orde do 27 de decembro de 2000, pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas para a realización de investimentos relativos ó equipamento e servicio dos portos pesqueiros, e se particulariza para o exercicio 2003 o devandito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto.

A Orde do 30 de decembro de 2002 pola que se modifica a Orde do 21 de setembro de 2000, modificada pola Orde do 27 de decembro de 2000, pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas para a realización de investimentos relativos ó equipamento e servicio dos portos pesqueiros, e se particulariza para o exercicio 2003 o devandito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (DOG nº 252, do 31 de decembro) establece no seu artigo 3 que para a concesión de axudas ó abeiro da devandita orde con cargo ó exercicio orzamentario 2003 o prazo de presentación de solicitudes será de trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Por outra banda a Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003 (DOG nº 251, do 30 de decembro), establece no seu artigo 43 que o prazo de presentación de solicitudes que se estableza nas correspondentes ordes de axudas e subvencións non será en ningún caso inferior a corenta (40) días hábiles.

Xa que logo, e para os efectos da adapta-la devandita Orde do 30 de decembro de 2002 ó disposto no artigo 43 da vixente Lei de orzamentos, é polo que cómpre modifica-la orde no seu artigo 3, ampliándose deste xeito o prazo de presentación de solicitudes anteriormente establecido para os efectos de dar cumprimento ó disposto na devandita lei.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos de dar cumprimento ó disposto no artigo 43 da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003 (DOG nº 251, do 30 de decembro), modifícase o artigo 3 da Orde do 30 de decembro de 2002 pola que se modifica a Orde do 21 de setembro de 2000, modificada pola Orde do 27 de decembro de 2002, pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas para a realización de investimentos relativos ó equipamento e servicio dos portos pesqueiros, e se particulariza para o exercicio 2003 o devandito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (DOG nº 252, do 31 de decembro), de xeito que queda redactado como segue:

«Artigo 3º.-Para a concesión de axudas ó abeiro da devandita Orde do 21 de setembro de 2000, modificada pola Orde do 27 de decembro de 2000, con cargo ó exercicio orzamentario 2003 o prazo de presentación de solicitudes rematará o día 18 de febreiro de 2003».

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos