Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Luns, 03 de febreiro de 2003 Páx. 1.197

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 12 de setembro de 2002 pola que se anuncia a convocatoria de prazas de persoal laboral interino para este ente público.

Advertido erro no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 228, do 26 de novembro de 2002, convén face-las oportunas rectificaciones.

Na páxina 16.446, no título da resolución, onde di: «(topógrafos)», debe dicir: «(axudante topógrafo)».

Na páxina 16.446, no punto primeiro, onde di: «topógrafo», debe dicir: «axudante topógrafo».

Na páxina 16.446, no punto 1.1, onde di: «topógrafo», debe dicir: «axudante topógrafo».

Na páxina 16.449, no punto 7.2 , onde di: «servicios de topógrafo», debe dicir: «servicios de axudante topógrafo».

Na páxina 16.450, no anexo I, onde di: «Temario para a categoría de topógrafo», debe dicir: «Temario para a categoría de axudante topógrafo».

Resolución do 24 de xaneiro de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se declara rematada a oposición e se abre prazo do concurso da fase de selección, de diversas categorías do proceso extraordinario de consolidación de em-

prego do Servicio Galego de Saúde.

O punto 9 da base sétima das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro) polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, dispón que á vista das reclamacións presentadas e realizadas, no seu caso, as oportunas correccións, o tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia un acordo coas puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes nos exercicios da oposición. Para este efecto, a estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderanse implícitas nesta publicación.

Así mesmo, o punto 3 da segunda parte, concurso, da citada base sétima establece que ese acordo do tribunal declarará rematada a oposición e abrirá un prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte a esta publicación para que os aspirantes que superaron a oposición presenten ante o tribunal a documentación oportuna.

Polo tanto, adoptado acordo polos respectivos tribunais, procede agora darlle publicidade no DOG,

facultándose para iso expresamente a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVO:

Primeiro.-Declarar rematada a parte de oposición da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, convocado polas diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), elevando a definitivas as puntuacións obtidas polos aspirantes nos exercicios da oposición realizados o pasado día 27 de outubro de 2002, que poden consultarse nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Sergas ou na súa páxina web (www.sergas.es).

Segundo.-Desestimar expresamente aquelas reclamacións presentadas contra a nota obtida, que non modifiquen nestas listaxes definitivas a nota inicialmente exposta.

Terceiro.-Abrir-lo prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte a esta publicación para que os aspirantes que superaron a oposición presenten ante o tribunal os seguintes documentos:

I. Fotocopia compulsada dos títulos académicos e certificacións esixidos para a súa participación nestas probas selectivas.

Deberá presentarse copia traducida por traductor xurado daqueles títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

II. Autovaloración dos méritos que o aspirante considera valorables de conformidade co baremo de méritos. En ningún caso esta autovaloración vinculará ó tribunal, tendo un carácter meramente orientativo.

Para reflecti-la dita autovaloración, utilizarase o modelo que figura como anexo nesta resolución e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

III. Documentación orixinal ou fotocopias compulsadas acreditativas dos méritos alegados.

Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida por traductor xurado.

Polo que se refire ós traballos publicados en revistas, tan só será necesario presentar fotocopia compulsada das follas nas que conste o nome da revista, o título do traballo e o seu autor.

En relación cos capítulos de libros será suficiente presentar fotocopia compulsada das follas nas que conste o título do libro, o título do capítulo, o seu autor, o depósito legal do libro e/ou o ISBN.

Por último, en relación cos libros será suficiente presentar fotocopia compulsada das follas nas que conste o título do libro, o sumario ou índice do mesmo, o seu autor e o seu déposito legal e/ou o ISBN.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base vixésimo primeira da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2003.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

ANEXO

Autobaremación do concurso da fase de selección

Categoría/especialidade:

Nome e apelidos:

DNI:

1. Experiencia profesional (máximo 45 puntos)MesesPuntuación

1.1. En institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

a) Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo ou temporal: 0,3 puntos/mes.

b) En categoría do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación e, se é o caso, mesma especialidade que a categoría na que se concursa con nomeamento fixo ou temporal: 0,225 puntos/mes.

c) En distinta categoría profesional e, se ó caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo: 0,15 puntos/mes.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo: 0,113 puntos/mes.

1.2. En institucións sanitarias dependentes doutros servicios de saúde.MesesPuntuación

a) Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo ou temporal: 0,1 puntos/mes.

b) En categoría do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación e, se é o caso, mesma especialidade que a categoría na que se concursa con nomeamento fixo ou temporal: 0,075 puntos/mes.

c) En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo: 0,05 puntos/mes.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo: 0,038 puntos/mes.

Nota:

-Para o cómputo dos servicios prestados, referido a experiencia profesional, ó persoal de reforzo en atención primaria e ó facultativo de atención especializada con nomeamento específico para a realización de atención continuada (gardas médicas), recoñeceráselle un mes completo de servicios prestados, que se calculará conforme ás seguintes regras:

a) Un mes, ou a parte que corresponda proporcionalmente, por cada 190 horas ou fracción realizadas.

b) Se dentro do mes natural se realizasen máis de 190 horas, soamente poderá valorarse un mes de servicios prestados, sen que o exceso de horas efectuado durante aquel poida ser aplicado para o cómputo dos servicios prestados establecidos na anterior regra a).

-Cómputo dos servicios prestados en réxime laboral: os servicios prestados con contrato laboral, con carácter fixo ou temporal, nas categorías de persoal reguladas no Estatuto xurídico de persoal médico, de persoal sanitario non facultativo e de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social, terán a consideración de efectuados como persoal estatutario fixo ou temporal na respectiva categoría.

-Servicios prestados por persoal de asistencia pública domiciliaria: os servicios prestados á Seguridade Social, no ámbito da atención primaria, polo persoal de asistencia pública domiciliaria, equivaldrán para os efectos dos baremos previstos na Lei 16/2001, do 21 de novembro, tanto na fase de selección como na de provisión, ós prestados nas categorías que lles correspondan.

2. Formación: nos epígrafes a) e b) só se poderá valorar unha única modalidade de obtención da especialidade.Puntuación

2.a) MIR, FIR, QUIR, BIR, RHIR ou equivalente na especialidade na que se concursa (16 puntos).

2.b) Formación como Médico Residente, conforme á normativa anterior ó RD 127/1984 (2 puntos).

2.c) Tese de doutoramento e traballos científicos: (máximo 10 puntos).

c) 1. Tese de doutoramento: 3 puntos.

c) 2. Tese de doutoramento cum laude: 1 punto adicional.

c) 3. Traballos ciencíficos e de investigación relacionados coa categoría e especialidade, apreciados libremente polo tribunal:-non se valorarán máis de 3 capítulos dun mesmo libro.-só se valorarán os tres primeiros autores dos traballos.NúmeroPuntuación

Publicación revista (0,25 puntos)

Difusión nacionalCapítulo libro (0,30 puntos)

Libro completo (1 punto)

Publicación revista (0,50 puntos)

Difusión internacionalCapítulo libro (0,60 puntos)

Libro completo (2 puntos)

2.d) Docencia Posgraduada (máximo 5 puntos)AnosPuntuación

Na mesma especialidade á que se concursa en centros acreditados para a docencia: 0,5 puntos por cada ano.

Concurso. Fase de selección.

Experiencia profesional:...

Formación:...

Total puntuación do concurso:...

Resolución do 9 de decembro de 2002, da Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria, pola que se anuncia a data na que se van celebra-los sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que terán que xulga-los concursos para a provisión de vacantes de corpos docentes universitarios.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo adxunto, e dando cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro); artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (Boletín Oficial del Estado do 11 de xuño), e artigo 17, e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado do 27 de abril).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que serán elixidos por este procedemento para o día 12 de febreiro de 2003, ás dez horas, realizándose estes polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no citado anexo.

Os ditos sorteos celebraranse no Consello de Coordinación Universitaria (Cidade Universitaria sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data desta resolución, faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Coordinación Universitara.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 7 de febreiro de 2003, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan abondos profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, haberá que se ater ó previsto no

artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que comunico a V.I. para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 9 de decembro de 2002.

José T. Raga

Secretario xeral

ANEXO

Universidade da Coruña

Cursos convocados por Resolución do 13-11-2001 e BOE do 27 de novembro

Concurso: 01/075.

Nº sorteo: 50.138.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería hidráulica.

Presidente titular: José Dolz Ripolles.

Vocal secretario titular: José Antonio Revilla Cortezón.

Concurso: 01/077.

Nº sorteo: 50.139.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: química analítica.

Presidente titular: Darío Prada Rodríguez.

Vocal secretario titular: José Antonio Rodríguez Vázquez.

Concurso: 01/078.

Nº sorteo: 50.140.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Juan Jesús Fernández Caínzos.

Vocal secretario titular: Antonio Eiras Rey.

Concurso: 01/079.

Nº sorteo: 50.141.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: socioloxía.

Presidente titular: Benjamín González Rodríguez.

Vocal secretario titular: José Luis Veira Veira.

Concurso: 01/080.

Nº sorteo: 50.142.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: construccións navais.

Presidente titular: Francisco Javier Moral Hernández.

Vocal secretario titular: Enrique Evaristo Casanova Rivas.

Concurso: 01/081.

Nº sorteo: 50.143.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: construccións navais.

Presidente titular: Enrique Evaristo Casanova Rivas.

Vocal secretario titular: Alfonso Javier García Ascaso.

Concurso: 01/082.

Nº sorteo: 50.144.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: organización de empresas.

Presidente titular: Francisco Javier Zubillaga Zubimendi.

Vocal secretario titular: Rafael María García Rodríguez.

Concurso: 01/083.

Nº sorteo: 50.145.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: matemática aplicada.

Presidente titular: Manuel Casteleiro Maldonado.

Vocal secretario titular: Fermín Luis Navarrina Martínez.

Concurso: 01/084.

Nº sorteo: 50.146.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: ecoloxía.

Presidente titular: Francisco Javier Niell Castanara.

Vocal secretario titular: Alejo Carballeira Ocaña.

Concurso: 01/086.

Nº sorteo: 50.147.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: química analítica.

Presidente titular: Darío Prada Rodríguez.

Vocal secretario titular: José Antonio Rodríguez Vázquez.

Concurso: 01/087.

Nº sorteo: 50.148.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: química inorgánica.

Presidente titular: José Sordo Rodríguez.

Vocal secretario titular: Moisés Morán Horrillo.

Concurso: 01/088.

Nº sorteo: 50.149.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: didáctica e organización escolar.

Presidente titular: Jorge Torres Santomé.

Vocal secretario titular: José Gimeno Sacristán.

Concurso: 01/089.

Nº sorteo: 50.150.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: dereito financeiro e tributario.

Presidente titular: Álvaro Benigno Rodríguez Bereijo.

Vocal secretario titular: José Ramón Ruiz García.

Concurso: 01/090.

Nº sorteo: 50.151.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía inglesa.

Presidente titular: Antonio R. de Toro Santos.

Vocal secretario titular: Fernando Alonso Romero.

Concurso: 01/091.

Nº sorteo: 50.152.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: lingua española.

Presidente titular: Jesús Pena Seijas.

Vocal secretario titular: Juan Gutiérrez Cuadrado.

Concurso: 01/092.

Nº sorteo: 50.153.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería do terreo.

Presidente titular: Jesús Carrera Ramírez.

Vocal secretario titular: Jordi Corominas Dulcet.

Concurso: 01/093.

Nº sorteo: 50.154

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería e infraestructura dos transportes.

Presidente titular: José Manuel García Díaz de Villegas.

Vocal secretario titular: Félix Edmundo Pérez Jiménez.

Concurso: 01/094.

Nº sorteo: 50.155.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería da construcción.

Presidente titular: Antonio Ricardo Mari Bernat.

Vocal secretario titular: Antonio Aguado de Cea.

Concurso: 01/095.

Nº sorteo: 50.156.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: proxectos arquitectónicos.

Presidente titular: Rafael Ramón Baltar Tojo.

Vocal secretaria titular: Pascuala Campos de Michelena.

Concurso: 01/096.

Nº sorteo: 50.157.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: máquinas e motores térmicos.

Presidente titular: José María Martínez-Val Peñalosa.

Vocal secretario titular: Miguel Ángel Villamañan Olfos.

Concurso: 01/097.

Nº sorteo: 50.158.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: didáctica da lingua e a literatura.

Presidente titular: Alfredo Ramón Rodríguez López-Vázquez.

Vocal secretario titular: Manuel González Piñeiro.

Concurso: 01/099.

Nº sorteo: 50.159.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: expresión gráfica arquitectónica.

Presidente titular: Pedro de Llano Cabado.

Vocal secretario titular: José María Ventura Real.

Concurso: 01/100.

Nº sorteo: 50.160.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: ciencia dos materiais e enxeñería metalúrxica.

Presidente titular: Francisco Javier Piqueras de Noriega.

Vocal secretario titular: José Luis Mier Buenhombre.

Concurso: 01/129.

Nº sorteo: 50.161.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: química orgánica.

Presidente titular: José María Quintela López.

Vocal secretario titular: Carlos Jiménez González.

Universidade de Vigo

Cursos convocados por Resolución do 5-11-2001 e BOE do 26 de novembro

Concurso: 01/70.

Nº sorteo: 50.290.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: traducción e interpretación.

Presidente titular: Roberto Dengler Gassin.

Vocal secretario titular: Zinaida Lvovskaya Mezhibovskaya.

Concurso: 01/71.

Nº sorteo: 50.291.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: ciencia política e da administración.

Presidente titular: Ramón Cotarelo García.

Vocal secretario titular: Ramón Maiz Suárez.

Concurso: 01/72.

Nº sorteo: 50.292.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: fisioloxía.

Presidente titular: Emilio José Sánchez Barcelo.

Vocal secretario titular: José Luis Soengas Fernández.

Concurso: 01/74.

Nº sorteo: 50.293.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: química física.

Presidente titular: Juan José Ruiz Sánchez.

Vocal secretario titular: Ricardo A. Mosquera Castro.

Concurso: 01/75.

Nº sorteo: 50.294.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía inglesa.

Presidente titular: Constante González Groba.

Vocal secretaria titular: M. Belén Martín Lucas.

Concurso: 01/76.

Nº sorteo: 50.295.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: arqueoloxía.

Presidenta titular: M. Carmen Fernández Ochoa.

Vocal secretario titular: José Manuel Caamaño Gesto.

Concurso: 01/77

Nº sorteo: 50.296.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: literatura española.

Presidenta titular: M. Carmen Parrilla García.

Vocal secretaria titular: M. Dolores Troncos Durán.

Concurso: 01/78.

Nº sorteo: 50.297.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: traducción e interpretación.

Presidente titular: Merce Tricas Preckler.

Vocal secretario titular: Alberto Álvarez Lugrís.

Concurso: 01/79.

Nº sorteo: 50.298.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: traducción e interpretación.

Presidente titular: Fernando Toda Iglesia.

Vocal secretario titular: Roberto Mayoral Asensio.

Concurso: 01/80.

Nº sorteo: 50.299.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: traducción e interpretación.

Presidente titular: Fernando Toda Iglesia.

Vocal secretario titular: Roberto Mayoral Asensio.

Concurso: 01/81.

Nº sorteo: 50.300.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: expresión gráfica na enxeñería.

Presidente titular: Juan Ángel Leiceaga Baltar.

Vocal secretaria titular: Elena González Rodríguez.

Concurso: 01/82.

Nº sorteo: 50.301.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: ciencia dos materiais e enxeñería metalúrxica.

Presidente titular: Pedro Merino Gómez.

Vocal secretaria titular: M. Julia Cristóbal Ortega.

Concurso: 01/83.

Nº sorteo: 50.302.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: ciencia dos materiais e enxeñería metalúrxica.

Presidente titular: Pedro Merino Gómez.

Vocal secretario titular: José Ignacio Verdeja González.

Concurso: 01/84.

Nº sorteo: 50.303.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: producción vexetal.

Presidente titular: César Gómez Campo.

Vocal secretario titular: M. Eugenia López de Silanes Vázquez.

Concurso: 01/85.

Nº sorteo: 50.304.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería de sistemas e automática.

Presidente titular: Alfonso José García Cerezo.

Vocal secretario titular: Ricardo Marín Martín.

Concurso: 01/86.

Nº sorteo: 50.305.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería de sistemas e automática.

Presidente titular: Aníbal Ollero Baturone.

Vocal secretario titular: Antonio Barreiro Blas.

Concurso: 01/87.

Nº sorteo: 50.306.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: física aplicada.

Presidenta titular: M. Inmaculada Paza Andrade.

Vocal secretario titular: Luis Fernández Romaní Martínez.

Concurso: 01/88.

Nº sorteo: 50.307.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: física aplicada.

Presidenta titular: M. Inmaculada Paza Andrade.

Vocal secretario titular: José Luis Legido Soto.

Concurso: 01/89.

Nº sorteo: 50.308.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería telemática.

Presidente titular: Juan Vinyes Sanz.

Vocal secretario titular: Cándido A. López García.

Concurso: 01/90.

Nº sorteo: 50.309.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: ciencia da computación e intelixencia artificial.

Presidente titular: José Luis Freire Nistal.

Vocal secretario titular: Manuel Vilares Ferro.

Concurso: 01/91.

Nº sorteo: 50.310.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: dereito mercantil.

Presidente titular: José Antonio Gómez Segade.

Vocal secretario titular: Manuel José Botana Agra.

Concurso: 01/92.

Nº sorteo: 50.311.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Alberto Gago Rodríguez.

Vocal secretaria titular: Coral del Río Otero.

Concurso: 01/93.

Nº sorteo: 50.312.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Alberto Gago Rodríguez.

Vocal secretario titular: Manuel María Varela Lafuente.

Concurso: 01/94.

Nº sorteo: 50.313.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: fundamentos da análise económica.

Presidente titular: Abel Ramón Caballero Álvarez.

Vocal secretario titular: José Luis Otero Ruso.

Concurso: 01/95.

Nº sorteo: 50.314.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: organización de empresas.

Presidente titular: Manuel Guisado Tato.

Vocal secretario titular: José Manuel García Vázquez.

Concurso: 01/96.

Nº sorteo: 50.315.

Corpo: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: lingua española.

Presidenta titular: M. Carmen Enríquez Salido.

Vocal secretaria titular: Luisa Blanco Rodríguez.

Concursos convocados por Resolución

do 20-11-2001 e BOE do 11 de decembro

Concurso: 01/121.

Nº sorteo: 50.316.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: xenética.

Presidente titular: Carlos López-Fanjul de Argüelles.

Vocal secretaria titular: Montserrat Aguade Porres.

Concurso: 01/122.

Nº sorteo: 50.317.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: ecoloxía.

Presidente titular: Narcis Prat Fornells.

Vocal secretario titular: Alejo Carballeira Ocaña.

Concurso: 01/123.

Nº sorteo: 50.318.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: economía financeira e contabilidade.

Presidente titular: Miguel Ángel Crespo Domínguez.

Vocal secretario titular: José Luis Sáez Ocejo.

Concurso: 01/124.

Nº sorteo: 50.319.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: fundamentos da análise económica.

Presidente titular: José Luis Outes Ruso.

Vocal secretario titular: Abel Ramón Caballero Álvarez.

Concurso: 01/125.

Nº sorteo: 50.320.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: fundamentos da análise económica, 2 prazas.

Presidente titular: Abel Ramón Caballero Álvarez.

Vocal secretario titular: José María Martín Moreno.

Concurso: 01/126.

Nº sorteo: 50.321.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: historia e institucións económicas.

Presidente titular: Juan Julio Carmona Badía.

Vocal secretario titular: Abel Fermín Losada Álvarez.

Concurso: 01/127.

Nº sorteo: 50.322.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: fundamentos da análise e económica, 2 prazas.

Presidente titular: Abel Ramón Caballero Álvarez.

Vocal secretaria titular: M. Consuelo Pazo Martínez.

Concurso: 01/128.

Nº sorteo: 50.323.

Corpo: profesor titular universidade.

Área de coñecemento: organización de empresas.

Presidente titular: José Carlos Prado Prado.

Vocal secretario titular: Juan Enrique Pardo Froján.

Concurso: 01/129.

Nº sorteo: 50.324.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: organización de empresas.

Presidente titular: José Carlos Prado Prado.

Vocal secretario titular: Juan Enrique Pardo Froján.

Concurso: 01/130.

Nº sorteo: 50.325.

Corpo: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: didáctica da lingua e a literatura.

Presidente titular: Alfredo Ramón Rodríguez López-Vázquez.

Vocal secretaria titular: Aurora Marco López.

Concurso: 01/131.

Nº sorteo: 50.326.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: fundamentos da análise económica.

Presidente titular: Abel Ramón Caballero Álvarez.

Vocal secretario titular: José Ángel Vázquez Barquero.

Concurso: 01/132.

Nº sorteo: 50.327.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: historia e institucións económicas.

Presidente titular: Juan Julio Carmona Badía.

Vocal secretario titular: Alejandro P. Vázquez González.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE CAMBADOS

Edicto (368/2001).

Xuízo monitorio 368/2001.

Parte demandante: Julio Janeiro Lamas.

Parte demandada: Luis (L.R. Com. Liq. Ibergaliza, S.A.), Reboredo Arca Ibergaliza, S.A., Caixa Galicia, Royal Club de Golf Santiago de Compostela, S.A.

No xuízo referenciado dictouse a resolución que ten como texto literal o seguinte:

Auto:

Xuíza-maxistrada: María Sol López Martínez.

Cambados, 4 de xuño de 2002.

Tendo en conta e feitos:

Único.-Por escrito da parte demandante con data do 24 de maio de 2002, solicitouse a finalizacióin anticipada deste xuízo ó ter chegado a unha satisfacción extraprocesual das súas pretensións.

Razoamentos xurídicos.

Único.-De acordo co previsto no artigo 22.1º da LAC, cando, por circunstancias sobrevidas á demanda e á reconvención deixase de haber interese lexítimo en obte-la tutela xudicial pretendida, porque se satisfixeran, fóra do proceso, as pretensións do demandante e, se é o caso, do demandado reconveniente ou por calquera outra causa porase de manifesto esta circunstancia ó tribunal e, se houbese, acordo das partes, decretarase mediante auto a terminación do proceso. O auto de terminación do proceso terá os mesmos efectos que unha sentencia absolutoria firme, sen que proceda condena en custas.

Parte dispositiva.

Acórdase a terminación sobrevida do presente xuízo por satisfacción extraxudicial das pretensións da parte demandante, sen que proceda condena en custas. Unha vez firme esta, arquívense as actuacións deixando nota nos libros correspondentes.

Sendo descoñecido o domicilio da entidade Royal Club de Golf de Santiago de Compostela, integrante da comisión liquidadora da entidade demandada Ibergaliza, S.A., procédase á notificación desta por medio de edicto que será fixado no taboleiro de anuncios deste xulgado e publicado a custa da parte demandante no Diario Oficial de Galicia, facéndolle entrega deste ó procurador da dita parte para o seu dilixenciado.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así o manda e asina S.S. Dou fe.

A maxistrada-xuíza.

O secretario».

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por este edicto notifícase a Royal Club de Golf de Santiago de Compostela, S.A. a anterior resolución con indicación do recurso que cabe contra esta e prazo para a súa interposición.

Cambados, 4 de xuño de 2002.

O/A secretario/a xudicial

Rubricado

Edicto (503/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña fago saber que nos autos número 503/2002 seguidos pola instancia de María Isabel Gómez Añón contra Clean Coruña S.L., sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data 11 de novembro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por María Isabel Gómez Añón, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 2.878,60 euros en concepto de salarios e liquidación.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá de anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando ó letrado que deberá de presentalo, é posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, conta nº 5.602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó de importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, o pronuncio, o mando e o asino».

E para que lle sirva de notificación a Clean Coruña S.L. cun domicilio que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 11 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

Anuncio do 11 de novembro de 2002, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Carpea, S.L. e vintecinco máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio do presente

anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non lles puido ser notificada ós interesados malia ós intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázanse os interesados, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17-1ºA) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 11 de novembro de 2002.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

INTERESADO

NIF

DATA DILIXENCIA

DESCRICIÓN DO BEN

CARPEA, S.L.B1532358721-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-7827-AW

GRANIMARGA, S.L.B1525165515-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-5456-BH

GRANIMARGA, S.L.B1525165515-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-1633-BD

LÓPEZ PALLAS, MARÍA EUGENIA32792398X18-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-8703-BD

LÓPEZ PALLAS, MARÍA EUGENIA32792398X18-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-3424-AZ

MATO SANZ, JOSÉ MANUEL32416545T17-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-5827-BL

MEJUTO MIGUÉLEZ, JOSÉ35246560A17-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-8812-AX

MOYA PENA, JUAN ANTONIO05362728W17-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA O-2791-BB

OCTEC, S.L.B1507898317-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-6657-AH

OCTEC, S.L.B1507898317-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-3143-AM

OCTEC, S.L.B1507898317-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-89317E

OCTEC, S.L.B1507898317-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA M-4086-EK

OCTEC, S.L.B1507898317-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-8508-L

PESCADOS PONCIANO CRIADO, S.L.B1513818318-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-2661-AT

RODRÍGUEZ CARBALLO, ANTONIO MANUEL32637357N18-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-0012-AZ

SANIDAD GALICIA, S.A.A1505542918-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-94658E

SOC AGRARIA TRANSFORMACIÓN

N 4188

F1505877918-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-2135-T

SOC AGRARIA TRANSFORMACIÓN

N 4188

F1505877918-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-5475-Y

SUMINISTROS TALLERES MONTAJES, S.L.B1510074618-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-3574-AW

SUMINISTROS TALLERES MONTAJES, S.L.B1510074618-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-5074-AV

VARELA POSE, CELESTINO76318804C18-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-3159-AF

VIDAL CES, MARÍA LUISA32759272G21-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA M-0643-NG

VIDRIERA HÉRCULES, S.L.B1502061321-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-1767-AS

VILA GARCÍA, HORACIO52434084H21-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-9017-AJ

VILA GARCÍA, HORACIO52434084H21-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-3144-BB

VILA GARCÍA, HORACIO52434084H21-10-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-1944-BY

Anuncio do 10 de decembro de 2002, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Aldao Calvete, Emilio e quince máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio do presente anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non lles puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázanse os interesados, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17-1ºA) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 10 de decembro de 2002.

Nazario Villalva Montero

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

INTERESADO

NIF

DATA DILIXENCIA

DESCRICIÓN DO BEN

ALDAO CALVETE, EMILIO32429964X15-02-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-5016-CC

ALDAO CALVETE, EMILIO32429964X15-02-2002VEHÍCULO MATRÍCULA 7809BCB

ALDAO CALVETE, EMILIO32429964X15-02-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-0539-BX

ALDAO CALVETE, EMILIO32429964X15-02-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-1835-BC

ALLEGUE VIZOSO, FERNANDO32311408L21-11-2002PREDIO 11312; REX.PROP. A CORUÑA 3

GONZÁLEZ VILLAHERMOSA, ROSA MAR33312977F28-11-2002VEHÍCULO MATRÍCULA CI-4378

HOGAR NORD, S.L.B1551457319-11-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-0063-AF

MARTÍNEZ CATALÁN, JUANA01798562P06-11-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-7709-AM

MARTÍNEZ CATALÁN, JUANA01798562P06-11-2002VEHÍCULO MATRÍCULA M-8024-KD

MARTÍNEZ MARTÍNEZ, ANTONIO32765751C19-11-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-5790-BS

MARTÍNEZ MARTÍNEZ, ANTONIO32765751C19-11-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-5093-BX

MARTÍNEZ MARTÍNEZ, ANTONIO32765751C19-11-2002VEHÍCULO MATRÍCULA C-1401-W

SENRA HERMIDA, MARINA32311408L21-11-2002PREDIO 11312; REX.PROP. A CORUÑA 3

INTERESADO

NIF

DATA DILIXENCIA

DESCRICIÓN DO BEN

VÁZQUEZ PAN, ENRIQUE32319776S12-11-2002PREDIO 2767407NH4926N; REX.PROP. CATASTRO

VÁZQUEZ PAN, ENRIQUE32319776S12-11-2002PREDIO 15005A067001850000PM; REX.PROP. CATASTRO

VÁZQUEZ VIEITO, JOSÉ MANUEL52452053R28-11-2002EMBARGO DE RETRIBUCIÓNS NA EMPRESA J.I.E.A. REGIÓN MILITAR NOROESTE

Anuncio do 17 de decembro de 2002, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Talleres Loureiro, S.L. e outro máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio do presente anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non lles puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázanse os interesados, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17-1ºA) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 17 de decembro de 2002.

Nazario Villalva Montero

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

INTERESADO

NIF

DATA DILIXENCIA

DESCRICIÓN DO BEN

TALLERES LOUREIRO, S.L.B1503586829-1-2001VEHÍCULO MATRÍCULA C-4740-AD

TALLERES LOUREIRO, S.L.B1503586829-1-2001VEHÍCULO MATRÍCULA C-2317-AM

Acordo do 21 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 50548/modificación 2003).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV Tambre-Palmeira. Ampliación.

Situación: Noia, Lousame, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Características técnicas: instalación na liña aérea de alta tensión, a 66 kV, Tambre-Palmeira dun segundo circuíto, con conductor dúplex por fase, LA-180, e sobre torres metálicas reforzadas, de 18.704 m de lonxitude, coa orixe en pórtico da subestación do Tambre e final no apoio situado entre os números 75 e 76, onde deriva e conecta a liña existente a subestación Boiro, discorrendo polos municipios de Noia, Lousame e Boiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL

Resolución do 2 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores AG-SA-59/2002-PO e AG-SA-87/2002-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dictadas nos expedientes en datas 28-11-2002 e 29-11-2002 res

pectivamente, por infracción ó Regulamento de epizootias, regulada no Decreto do 4-2-1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos no artigo 21 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 2 de xaneiro de 2003.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-59/2002-PO.

Denunciado: José Manuel Villamar Guitar.

Último enderezo coñecido: Cubrián nº 13, Palas de Rei (Lugo).

Feito denunciado: venda ambulante, carecer dos certificados de inscrición e desinfección do vehículo, carecer do libro-rexistro de compravenda de gando, e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Preceptos infrinxidos: incumprimento dos artigos 3.2º do Real decreto 791/1979, do 20 de febreiro, 52.4º, 52.2º e 212 do Decreto do 4-2-1955 e o artigo 10 da Orde do 23 de agosto de 1995.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias e 212 do Decreto do 4 de febreiro de 1955.

Sanción: 1.623,71 euros.

Expediente: AG-SA-87/2002-PO.

Denunciado: Feliciano Rial González.

Último enderezo coñecido: Manuel de Castro, 5-3º D, Vigo.

Feito denunciado: carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 212 do Decreto do 4-2-1955.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 220 euros.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO

Resolución do 26 de decembro de 2002 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Andrómeda, S.A., sita na rúa Alcalde Rey Daviña número 39 baixo, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído por instancia de José Esteban Domingo Escamilla, na súa calidade

de representante legal da entidade mercantil Viajes Andrómeda, S.A., titular da axencia de viaxes Andrómeda, S.A., do grupo retallista, con código de identificación GC 339 e casa central na rúa Ganduxer nº 59, de Barcelona, en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento na rúa Alcalde Rey Daviña nº 39 baixo, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra),

Resultando que, coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo,

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado decreto para a obtención da súa autorización,

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Autoriza-la axencia de viaxes Andrómeda, S.A., do grupo retallista, con código identificativo GC 339, e casa central na rúa Ganduxer nº 59 de Barcelona, da que é titular Viajes Andrómeda, S.A., a apertura dun novo establecemento na rúa Alcalde Rey Daviña nº 39 baixo, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. Esta axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2002.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo

Resolución do 27 de decembro de 2002 sobre concesión do título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista a Telemo Viajes, S.L., con casa central na parroquia de Rois, polígono industrial, nave F1 de Bergondo (A Coruña).

Examinado o expediente instruído por instancia de Cristina Fernández Llavero, representante legal de Telemo Viajes, S.L., titular da axencia de viaxes Telemo Viajes, S.L. en solicitude de concesión do oportuno título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista,

Resultando que, coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica no artigo 6 do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo,

Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, para a obtención do título-licencia de axencias de viaxes do grupo retallista,

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Conceder título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista con XG-210 a Telemo Viajes, S.L., con casa central na parroquia de Rois, polígono industrial, nave F1 de Bergondo (A Coruña), da que é titular Telemo Viajes, S.L., que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. Esta axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2002.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo

Orde do 4 de novembro de 2002 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea Millán I.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Millán I e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 10-9-2002, Francisco Rial Nieto solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Millán I.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Juan Ricardo Rial Núñez (35448372-J), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Millán I.

Localización:

Cuadrícula nº: 13.

Polígono: B.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento:

Remate da vixencia: 12-12-2010.

Actual/is titular/es: Francisco Rial Nieto (32584738-V) e Mª Teresa Millán Viñas (35417515-E).

Novo titular: Juan Ricardo Rial Núñez (35448372-J).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O/Os actual/is titular/es deberá/n presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O/Os novo/os titular/es da concesión queda/n subrogado/os nos dereitos e obrigas do/s anterior/es, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 4 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Vigo

Orde do 20 de decembro de 2002 pola que se acorda a denegación da prórroga e extinción de diversas concesións administrativas que amparan os parques de cultivo de moluscos da zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Vistas as peticións de prórroga das concesións que se citan no anexo, resulta:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE número 254) outórganse 930 concesións administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición dos interesados.

Por Orde do 29 de outubro de 1984, (DOG número 231) outórgase concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Ricardo Eiras Chaves, cunha superficie de 692,25 metros cadrados.

Segundo.-Mediante Decreto 158/1991, do 16 de maio, declárase de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos citados parques de cultivo, co obxecto de proceder a unha regularización da situación de feito existente, á revisión das circunstancias de titularidade dos parques e á oportuna reordenación que adecue a súa situación e superficie a unha explotación máis racional dos recursos.

Terceiro.-Aprobada a fase de revisión do citado proceso por resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura do 26 de decembro de 1995, cómpre proceder ó inicio da fase de reordenación, da que xurdirán as novas concesións, para o que resulta inescusable desestimar, neste momento do proceso, tales peticións de prórroga.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolver tales peticións de conformidade co disposto no Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca e na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Segundo.-Tendo en conta que o prazo de vixencia das concesións administrativas que amparan os citados parques expirou, e que de conformidade co disposto na letra C do artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, as concesións extinguiranse polo vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitase e se concedese prórroga.

Por todo o anterior, esta consellería, facendo uso das súas atribucións e competencias, acorda denega-las prórrogas solicitadas e proceder, de conformidade co artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, á extinción das concesións relacionadas no anexo a esta orde.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa; ámbolos dous prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º de la Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO

1. Orde do 7 de outubro de 1975 pola que se outorgan 930 concesións administrativas para instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.

Parcela nºNomeSuperficie m

27Manuel Dacuña Barreiro336

80Ángel Veloso Martínez106

86Lucas Martínez Canaval150

116Ángel Veloso Martínez45

117Miguel Piñeiro Acosta542

123Lucas Martínez Canaval261

130Lucas Martínez Canaval365

137Antonio Martínez Pereira88

180Lucas Martínez Canaval32

199Manuel Pereira García144

227Miguel Piñeiroa Acosta1.848

229Rosina González Padrón131

231Dolores Ramos Crespo93

270Antonio Martínez Pereira45

282Antonio Martínez Pereira45

286Miguel Piñeiro Acosta702

318María Meaños Insua85

320Fernando Rodríguez Otero62

365Elvira García Ramos16

552Carmen Crespo Pereira117

793Peregrina Antelo Romero1.704

828Ricardo Eiras Chaves187

874Ricardo Eiras Chaves128

886Ricardo Eiras Chaves226

891Ricardo Eiras Chaves475

2. Orde do 29 de outubro de 1984, (DOG número 231) pola que se outorga concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Ricardo Eiras Chaves, cunha superficie de 692,25 metros cadrados.

Parcela nºNomeSuperficie m

Exp. 5540Ricardo Eiras Chaves692,25

Anuncio do 15 de xaneiro de 2003 polo que se lle dá publicidade á Resolución do 7 de novembro de 2002 que resolve o recurso de alzada presentado por Ramón A. Rivas Lago, en materia de reclamacións de retribucións por comisións de servicios.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase a Ramón A. Rivas Lago, que, por resolución do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos do 7 de novembro de 2002, se desestimou o recurso de alzada presentado o día 22 de abril de 2002, no que se reclamaban determinadas cantidades en concepto de retribucións por comisións de servicios realizadas entre os meses de agosto e novembro do ano 2001; a denegación viña motivada pola consideración dos traballos asignados como incluídos nas funcións ordinarias do servicio e carecer polo tanto da cualificación de comisións de servicios.

O interesado dispón dun prazo de dous meses, a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE

Resolución do 14 de xaneiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación da consultoría e asistencia para o deseño da formación asociada ás competencias profesionais e dirección e coordinación na aplicación práctica da antedita metodoloxía.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación e Colocación.

c) Número de expediente: 36/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contratación dunha consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: deseño da formación asociada ás competencias profesionais e dirección e coordinación na aplicación práctica da antedita metodoloxía.

c) Diario Oficial de Galicia e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 221, do 15 de novembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Total: 85.000 A.

Anualidade 2002: 40.000 A.

Anualidade 2003: 45.000 A.

5. Adxudicación:

a) Data: 19 de decembro de 2002.

b) Contratista: Santillana Formación, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 82.395 A.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2003.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

Resolución do 10 de xaneiro de 2003 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo de asistencia técnica para a preparación, desenvolvemento, implantación e axuste dun sistema de xestión para o ente público Portos de Galicia.

O presidente, actuando no nome e na representación do ente público Portos de Galicia segundo o previsto no artigo 6.3º, da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolve adxudica- lo seguinte contrato:

* Asistencia técnica para a preparación, desenvolvemento, implantación e axuste dun sistema de xestión para o ente público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Portos de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a preparación, desenvolvemento, implantación e axuste dun sistema de xestión para o ente público Portos de Galicia.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 187, do 27 de setembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 95.381 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 3 de decembro de 2002.

b) Contratista: Lloyd's Register España, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación: 81.074 euros.

6. Outras informacións.

En cumprimiento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Nembargantes, o interesado poderá optar por interpoñer, contra esta resolución, recurso de reposición, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2003.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

Resolución do 14 de xaneiro de 2003 pola que se sinalan datas e se citan os interesados para o levantamento das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa seguido para a execución das fases 2ª e 3ª do Plan parcial de ordenación do parque empresarial de Merelle, no concello de Ordes.

I. Por Resolución do 16 de decembro de 2002, do director xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, aprobouse definitivamente o expediente de expropiación forzosa, seguido polo procedemento de taxación conxunta, para a execución das fases 2ª e 3ª do Plan parcial de ordenación do parque empresarial de Merelle, no concello de Ordes, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo conforme o previsto nos artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en beneficio da entidade Xestión Urbanística de A Coruña, S.A.

II. Sen prexuízo de que os interesados mostren desconformidade coa valoración establecida no expediente, seguíndose en tal caso ante o xurado de expropiación forzosa a fixación do prezo xusto correspondente, a indicada aprobación definitiva do expediente implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, e o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida habilita para proceder á ocupación do predio e producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

III. Procede en consecuencia fixa-las datas en que se procederá ó levantamento das correspondentes actas de pagamento e ocupación de conformidade cos artigos 49 e 55 do regulamento da Lei de expropiación forzosa.

IV. Para os ditos actos deberá terse en conta:

1. Que o pagamento do prezo xusto só se fará efectivo, consignándose en caso contrario, ós interesados que acrediten en legal forma a súa titularidade, e para tal efecto o interesado achegará certificación rexistral ó seu favor, na que conste que se estendeu a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario, ou, no seu defecto, os títulos xustificativos do seu dereito completados con certificación negativa do Rexistro da Propiedade referida ó mesmo predio descrito nos títulos. Se existisen cargas deberán comparece-los seus titulares (artigo 22.2º do texto refundido da Lei do solo, aprobado polo R.D. lexislativo 1/1992).

2. Que se o expropiado non quixese acepta-lo prezo xusto ou non achegarse títulos suficientes xustificativos do dominio ou existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en

xeral, se concorrese algún dos supostos do artigo 51 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, a Administración consignará o importe del na Caixa Xeral de Depósitos (artículo 206.1º do Regulamento de xestión urbanística).

V. En consecuencia, convócanse e cítanse os titulares dos bens e dereitos afectados por este expediente para proceder ó levantamento das actas de pagamento e ocupación, que se efectuará nos seguintes lugares e datas:

Lugar: Casa do Concello de Ordes.

Datas: as actas de pagamento terán lugar o día e a hora que se sinala no cadro que se xunta. As actas de ocupación levantaranse na mesma data e hora, a continuación da correspondente acta de pagamento, salvo que o prezo xusto tivese que ser consignado; sendo así, levantaranse no mesmo lugar o día 17 de febreiro de 2003, ás 12 horas.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2003.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

Calendario de convocatoria para o levantamento das actas de pagamento e ocupación do expediente de expropiación forzosa para a execución das fases 2ª e 3ª do Plan parcial de ordenación do parque empresarial de Merelle, no concello de Ordes.

ConvocadoPredioPropietarioSuperficie

m

DíaHora

10-2-200310.008Laureano Martínez Viqueira

Rúa do Camposanto 12, 1º b, Ordes

4.480

10-2-200310.2013Manuel Liñares Candal

Lisboa, 3 portal g, 3º c

15703 Santiago de Compostela

1.460

10-2-200310.2018Manuel Liñares Candal

Lisboa, 3 portal g, 3º c,

15703 Santiago de Compostela

680

10-2-200310.2035Manuel Liñares Candal

Lisboa, 3 portal g, 3º c,

15703 Santiago de Compostela

6.359

10-2-200311.0019Osvaldo Candal Candal e Herminia Regueira Presedo

Xeneralísimo, 43, Ordes

3.068

10-2-200311.0023Osvaldo Candal Candal e Herminia Regueira Presedo

Xeneralísimo, 43, Ordes

1.015

10-2-200311.3021Herdeiros de Ricardo del Río Vieites: Dolores Vieites Varela

Reboredo nº 6. 15680 Ordes

Lucrecia Veiras López, Guimaráns, Ordes

820

10-2-200311.5046Jesús Varela Prego

Merelle, 70, Ordes

4.300

10-2-200312.1063Julia Vieites Gómez.

Rúa Caucamire. Resid. Los Tulipanes, aptdo 82. Colinas de Bello Monte. Caracas (Venezuela)

Hermitas Vieites Gómez, rúa José Antonio, 3, Ordes

6.448

10-2-200312.3067Descoñecido1.050

ConvocadoPredioPropietarioSuperficie

m

DíaHora

10-2-200312.4568Jesús Boquete Areoso

Reboredo, s/n, Ordes

1.492

10-2-200313.1586Jesusa Iglesias Vilariño

Conde, 11, 15680, Ordes

3.615

Cédula do 27 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se lle dá publicidade ó Edicto do 8 de xaneiro de 2003 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Ourense, polo que se anuncia a venda en poxa pública da vivenda de promoción pública correspondente ó expediente OR-89/501, conta 77.

Por edicto do 8 de xaneiro de 2003 o secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Ourense anuncia a venda en poxa pública que literalmente di:

«Que en virtude do acordado en resolución do día da data dictado no procedemento art. 131 Lei hipotecaria 637/2000 que se segue neste xulgado por instancia da Xunta de Galicia representada polo letrado Manuel Bouzas Costa, contra Roberto Salgado Sanjurjo en reclamación de 42.891,06 euros de principal, máis xuros e máis as custas que se fixen sen prexuízo de posterior liquidación, polo presente anúnciase a venda en pública poxa, con antelación de vinte días cando menos, do seguinte predio propiedade do executado:

Número oitenta e un. Piso cuarto letra A, destinado a vivenda, situado no cuarto andar do bloque V do conxunto. Distribuído en vestíbulo, estar-comedor, catro dormitorios, baño, aseo e cociña, ocupa unha superficie útil de oitenta e nove metros con noventa e oito decímetros cadrados. Linda: fronte, patamal da escaleira, oco do ascensor e patio de luces: dereita entrando nel, piso letra B da mesma planta: esquerda, bloque VI do conxunto; e fondo, rúa de nova apertura (traseira).

Anexos. Ten como anexos unha praza de garaxe situada nos sotos do conxunto, sinalada co número 93. E un rocho situado baixo cuberta do bloque sinalado co número 13. Inscrita no Rexistro da Propiedade número dous, de Ourense, no tomo 1.260, libro 201, folio 211 voto, predio 18.845, inscrición terceira.

A poxa celebrarase o próximo día cinco de marzo ás dez horas na sala de audiencias deste xulgado, conforme coas seguintes condicións:

Primeira. O predio embargado foi valorado en 11.370.000 pesetas, 68.335,08 euros.

Segunda. A certificación rexistral e, se é o caso, a titulación do inmoble ou inmobles que se poxan estará de manifesto na secretaría deste xulgado.

Terceira. Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existen títulos.

Cuarta. As cargas ou gravames anteriores, se os houbera, ó crédito do actor continuarán subsistentes entendéndose polo só feito de participar na poxa, que o licitador os admite e queda subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudicase ó seu favor.

Quinta. Para tomar parte na poxa os ofertantes deberán depositar, previamente, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado na entidade Banesto, rúa do Paseo, nº 22 de Ourense, o 30 por 100 do valor do predio para efecto de poxa, devolvéndose as cantidades, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen nela, excepto ó mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do xulgado para o caso en que o rematante non consignase o resto do prezo, debendo consignar así mesmo no devandito xustificante se, de se-lo caso, as cantidades ingresadas pertencen en todo ou en parte a un terceiro identificándoo adecuadamente.

Sexta. Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado ó que se deberá xunta-lo xustificante de ter realizada a consignación a que se refire a condición anterior, os cales serán abertos ó inicio da poxa, producindo os mesmos efectos que as realizadas oralmente.

Sétima. Soamente o executante poderá facer ofertas coa facultade de cede-lo remate a un terceiro, podendo tomar parte na poxa soamente cando existan licitadores, e poderá mellora-las ofertas que fixesen.

Oitava. Para o caso de que se fagan ofertas que no superen polo menos o 50 por 100 do valor de taxación ou aínda sendo inferior cubran, polo menos, a cantidade pola que se despachou execución, influíndo a previsión para xuros e custas, non se aprobará o remate salvo que o tribunal acorde outra cousa á vista das circunstancias concorrentes no procedemento.

Novena. Non se pode facer consta-la situación posesoria do inmoble.

E, tratándose dunha vivenda sometida ó réxime de protección oficial, a súa adxudicación, aínda que sexa en poxa, soamente pode facerse á persoas que reúnan os requisitos establecidos no Decreto 89/1992, do 26 de marzo (DOG nº 80, do 28 de abril), sobre adxudicación de vivendas de promoción pública.

Décima. Este edicto estará exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado e nos lugares públicos de costume ata a data de celebración da poxa.

Décimo primeira. Para o caso de que a notificación do sinalamento ó executado resultase infructuoso por atoparse en paradoiro descoñecido, sirva a presente notificación edictal para iso, así como para noti

ficación e citación dos herdeiros descoñecidos e incertos da demandada falecida María Luisa Sánchez Diéguez.

Décimo segunda. No suposto de que por causa de forza maior non puidera levarse a cabo a poxa no día e hora sinalados, celebrarase o día seguinte hábil.

E en cumprimento do acordado libro este edicto en Ourense o oito de xaneiro de dous mil tres».

E para que sirva de notificación ós interesados asino esta cédula.

Ourense, 27 de xaneiro de 2003.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

Resolución do 31 de decembro de 2002, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, pola que se anuncia, mediante procedemento aberto e tramitación anticipada, concurso público 3/2002 de servicio de limpeza e desinfección nos diversos centros dependentes desta xerencia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Atención Primaria A Coruña-Ferrol (Área da Coruña).

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratos e Concursos.

c) Número de expediente: SR OR PA CP 3/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza e desinfección en diversos centros dependentes da Xerencia de Atención Primaria da Coruña.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: nos distintos centros da Xerencia de Atención Primaria da Coruña. Ver prego.

d) Prazo de execución: dous anos, desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 1.025.700 euros, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación autorizado (20.514 A).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Unidade de Contratos e Concursos.

b) Enderezo: políg. ind. da Grela, Pasteur, 22.

c) Localidade e código postal: 15008 A Coruña.

d) Teléfono: 981 25 14 50/54.

e) Telefax: 981 25 16 66.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 18 de febreiro de 2003.

7. Requisitos específicos do contratista: ver prego de cláusulas administrativas.

a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría): grupo U, subgrupo 1, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 19 de febreiro de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: Xerencia de Atención Primaria Coruña-Ferrol (Área da Coruña).

1. Entidade: Rexistro Xeral.

2. Enderezo: Paseo Xeneral Sir John Moore, 2.

3. Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Xerencia de Atención Primaria A Coruña.

b) Enderezo: Paseo Xeneral Sir John Moore, 2.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Data: 3 de marzo de 2003.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 14 de xaneiro de 2003.

13. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

A Coruña, 31 de decembro de 2002.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol

Anuncio de concurso (referencia As-2/2003).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Número de expediente: As-2/2003.

2. Obxecto do contrato: proxecto de musealización da Casa Museo de María Pita. Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 150.253,03 euros (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratación*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: oito días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2003.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde-delegado de contratación

Anuncio de concurso (referencia O-65/2002).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Número de expediente: O-65/2002.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de construcción de patio infantil e renovación de pista polideportiva no CEIP María Pita. Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 88.648,24 euros (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratación*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2003.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde-delegado de contratación

Anuncio de concurso (referencia O-63/2002).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Número de expediente: O-63/2002.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de iluminación de r/ Ramón y Cajal (treito entre avda. Xeneral Sanjurjo e Pérez Ardá. Prazo execución: cincuenta días naturais.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 60.209,10 euros (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratación*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2003.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde-delegado de contratación

Edicto.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 31 de outubro de 2002, aprobou definitivamente as modificacións realizadas á Ordenanza de locais comerciais, para adecua-la ordenanza á súa aplicación nos barrios históricos e espacios singulares.

Dáselle publicidade a esta resolución, xunto co texto íntegro da ordenanza correspondente, no BOP, para a súa vixencia e para os efectos de posible impugnación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Ferrol, 12 de novembro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde

Resolución do 20 de decembro de 2002 referente á convocatoria para prover varias prazas de persoal laboral fixo.

No BOP nº 243, do 19 de decembro de 2002, publícanse as bases íntegras para optar ás prazas

que a continuación se indican, polo sistema de concurso libre:

a) Denominación do posto: informador xuvenil/coordinador sociocultural.

Nivel de titulación: diplomatura universitaria.

Número de vacantes: 1.

b) Denominación do posto: ordenanza vixilante.

Nivel de titulación: graduado escolar.

Número de vacantes: 1.

c) Denominación do posto: ordenanza centro de saúde.

Nivel de titulación: graduado escolar.

Número de vacantes: 1.

d) Denominación do posto: limpadora.

Nivel de titulación: graduado escolar.

Número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do mencionado anuncio no BOE. Os anuncios sucesivos pertencentes a esta convocatoria publicaranse no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do concello.

Ponte Caldelas, 20 de decembro de 2002.

Perfecto Rodríguez Muíños

Alcalde en funcións

Anuncio de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) no ámbito do solo urbanizable non programado número 17 (SUNP-17) do Paxonal.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 28 de novembro de 2002, aprobou definitivamente a modificación puntal do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) no ámbito do solo urbanizable non programado número 17 (SUNP-17) do Paxonal, redactada polo servicios técnicos municipais.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP número 8, do día 11 de xaneiro de 2003, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva da citada modificación poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde

Anuncio de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 23 de decembro de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle e a delimitación da unidade de xestión número 13 (UX-13) do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU), sita entre as rúas do Cruceiro de Sar (tramo comprendido entre os número 15 a 31) e calzada de Sar, promovidos pola mercantil Inmobiliaria Pepe Noya e Hijos, S.L., adoptando como sistema de actuación o de compensación de propietario único.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 44.3º e 121.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), os expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-los expedientes na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulgen oportunas.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde

Anuncio de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: contratación das obras de cerramento do predio do Dolmen de Axeitos (T.M. de Ribeira).

Orzamento: 180.302,45 A, IVE incluído.

Prazo de execución: 4 meses.

Garantías:

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Clasificación: grupo C, subgrupos 1, 5 e 6, categoría d.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Anuncio extenso: BOP.

Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña