Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Sábado, 01 de febreiro de 2003 Páx. 1.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/128-2, 5923 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., subt. CC.TT. 630 kVA R.B.T. subt. prolong. Constancia de Castro.

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV de 75 m de lonxitude conductor tipo R.H.Z.1 con orixe en C.T. gruta e final en C.T. de prolongación Constancia de Castro (punto A). L.M.T.S. a 20 kV de 45 m de lonxitude conductor tipo R.H.Z.1 con orixe en C.T. de prolongación Constancia de Castro (punto A) e final en C.T. de prolongación Constancia de Castro (punto B). L.M.T.S. a 20 kV de 30 m de lonxitude conductor tipo R.H.Z.1 con orixe en C.T. de prolongación Constancia de Castro (punto B) e final en C.T. de prolongación Constancia de Castro. 2 C.T. de 630 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T.S. de 90 m de lonxitude conductor tipo R.V. R.B.T.S. de 30 m de lonxitude conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 11 de decembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo