Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Sábado, 01 de febreiro de 2003 Páx. 1.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan acordos de liquidacións derivados de actas de desconformidade (36/2002/00070-0184 e 36/2002/00071-0185) e cartas de pagamento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Recreativos Roberán, S.L. e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de liquidacións derivados de actas de desconformidade (36/2002/00070-0184 e 36/2002/00071-0185) e cartas de pagamentos pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena, 30 de Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 24 de xaneiro de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Recreativos Roberán, S.L.

CIF: B-36027217.

Enderezo: avda. Marín 16, baixo, (Cangas).

Procedemento: taxa fiscal sobre o xogo.

Período impositivo: 2000.

Expte.: 2391/2002.

Doc.: 000700184.

Interesado: Recreativos Roberán, S.L.

CIF: B-36027217.

Enderezo: avda. Marín 16, baixo, (Cangas).

Procedemento: taxa fiscal sobre o xogo.

Período impositivo: 2001.

Expte.: 2392/2002.

Doc.: 000710185.