Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Sábado, 01 de febreiro de 2003 Páx. 1.169

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de xaneiro de 2003 pola que se fai público o contido do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras adheridas para a habilitación dunha liña de financiamento específica para as Pemes galegas productoras de mexillón co fin de palia-las consecuencias económicas do naufraxio do buque Prestige.

Advertido erro na referida resolución, publicada no DOG nº 14, do 22 de xaneiro de 2003, procede face-las seguintes correccións:

-Na páxina 765, Modelo I, Certificación da condición de PEME, letra c).I. onde di: «I. Consideraranse empresas independentes as empresas nas que o 25%, ou máis, do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenza a outra empresa ou, conxuntamente, a varias empresas que non respondan á definición de microempresa», debe dicir: «I. Consideraranse empresas independentes as empresas nas que o 25%, ou máis, do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenza a outra empresa ou, conxuntamente, a varias empresas que non respondan á definición de PEME.».

-Na páxina 765, Modelo I, Certificación da condición de PEME, letra c).I. parágrafo terceiro, onde di: «-Se o capital está distribuído de tal forma que non é posible determinar quen o posúe e se a empresa declara que pode, lexitimamente, presumir que o 25%, ou máis, do seu capital non pertence a outra empresa ou, conxuntamente, a varias empresas que non respondan á definición de microempresa», debe dicir: «-Se o capital está distribuído de tal forma que non é posible determinar quen o posúe e se a empresa declara que pode, lexitimamente, presumir que o 25%, ou máis, do seu capital non pertence a outra empresa ou, conxuntamente, a varias empresas que non respondan á definición de PEME.».

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA