Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Sábado, 01 de febreiro de 2003 Páx. 1.167

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 30 de xaneiro de 2003 pola que se dispón que o secretario xeral da consellería se encargue do despacho de asuntos da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento.

O Decreto 22/2003, do 20 de xaneiro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Xunta de Galicia, suprimiu a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Así mesmo, o artigo 5 do Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, fixa a estructura orgánica básica da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio, na que queda integrada, como órgano superior, a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento.

Polo tanto, ante o cesamento do titular da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, cómpre adopta-las medidas inmediatas para que, sen prexuízo do posterior nomeamento do titular do novo centro directivo e mentras non se desenvolva a estructura orgánica da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio, se asegure o correcto exercicio das funcións que a extinta secretaría xeral tiña en comendadas en virtude do disposto no Decreto 374/1998, do 29 de decembro.

Na súa virtude e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-O exercicio das funcións que o Decreto 374/1998, do 29 de decembro, lle atribuía á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento corresponderalle, en tanto non se desenvolva a estructura orgánica da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio, á Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento e quédalle encomendado temporalmente ó secretario xeral da devandita consellería ata que se produza o nomeamento do titular do referido centro directivo.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, de Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA