Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2003 Páx. 1.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador Secretaría 159/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de Sanidade, do 25 abril, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, consonte o disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo de 1 mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade.

Expediente sancionador: Secretaría 159/2002.

Denunciado/a: Pazo Díaz, S.L.

DNI/CIF: B-15525371.

Derradeiro enderezo coñecido: Campus da Zapateira. A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: trescentos euros con cincuenta e un céntimos.

A Coruña, 18 de novembro de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña