Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2003 Páx. 1.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/110-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica del Fragoso, S.L.

Domicilio social: Sáenz Díez, 43, entresollado, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., evacuación da enerxía central Río Fragoso.

Situación: Lobeira-Lobios.

Descricións técnicas: liña a 20 kV subterránea de 876 m de lonxitude, en conductor R.H.Z. (H16) Al, con orixe na minicentral hidráulica do Fragoso no Río Fragoso (Lobeira) e remata na L.M.T. aérea propiedade de Unión Fenosa, S.A. que pasa por Silvares (Lobios).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Ourense, 5 de decembro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense