Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2003 Páx. 1.136

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 13 de xaneiro de 2003 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

O significado das claves numéricas que aparecen na columna corpo ou escala dos postos de traballo incluídos no anexo I desta orde, é o establecido na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 14 de xuño de 2002, publicada no DOG nº 117, do 19 de xuño, na súa páxina 9.413.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse por escrito ó conselleiro de Sanidade (edificio administrativo San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela), segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta orde.

As ditas solicitudes poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Sanidade, nos das súas delegacións provinciais, nos das direccións provinciais do Sergas ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que vimos de sinalar non se terán en conta.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Sanidade. A resolución dela farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserta, de considerarse oportuno.

Sexto.-O nomeamento dun funcionario con destino definitivo noutra Administración pública ou que preste os seus servicios na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo anunciado estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable sobre el, conforme o previsto no Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e demais disposicións concordantes.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2003.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Código do posto: SG.S02.00.001.15770.015.

Denominación do posto: Servicio de Programas Especiais.

Dependencia: Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Complemento específico: 11.082, 95 A.

Corpo ou escala: 1.1/1.2/5/6/7.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE NOIA