Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2003 Páx. 1.121

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de xaneiro de 2003 pola que se regula a concesión de axudas económicas por parte dos padroados provinciais para a mellora do medio rural.

Advertido un erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 20, do xoves 30 de xaneiro, cómpre face-la oportuna corrección.

Na páxina 1.084, segunda columna, punto quinto, parágrafo segundo, referente ó prazo de presentación, onde di: «O prazo de presentación será de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, debe dicir: «O prazo de presentación será de corenta días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia».

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA