Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2003 Páx. 1.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2003 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, da contratación da asistencia técnica para traballos de análise e programación de tarefas nas áreas de sistemas e explotación en quenda de mañá e en quenda de tarde noite, no exercicio 2003, con destino ó Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable. (Expediente 35/2002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xunta de Galicia. Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

c) Número de expediente: 35/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da asistencia técnica para traballos de análise e programación de tarefas nas áreas de sistemas e explotación en quenda de mañá e en quenda de tarde noite, no exercicio 2003, con destino ó CIXTEC.

b) Lugar de execución: r/ Domingo Fontán, nº 9, Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: oito meses contados desde o asinamento do correspondente contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: setenta e seis mil novecentos noventa e dous euros (76.992 A) IVE incluído.

5. Garantía provisoria: 2% do orzamento máximo de licitación (1.539,84 A).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Xunta de Galicia. Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Domicilio: r/ Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

O estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do oitavo día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a estipulada no prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas que rexen esta contratación.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Xunta de Galicia. Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

2. Domicilio: r/ Domingo Fontán nº 9.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: nesta contratación non será admisible a presentación de variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Xunta de Galicia. Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financiera e Cotable (CIXTEC).

b) Domicilio: r/ Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte, que non coincida en sábado, ó de remate do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde se poden obte-los pregos: www.cixtec.es.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2003.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable