Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2003 Páx. 1.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada presentado contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Lourido-O Sequeiro (Valdoviño, A Coruña), devolta polo servicio de correos.

Por esta resolución, e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e

por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle ó interesado, que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por Manuel Martínez Gómez, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Lourido-O Sequeiro (Valdoviño, A Coruña).

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2003.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: Manuel Martínez Gómez.

Domicilio: Serantes, 13-Ferrol, 15405 (A Coruña).

Texto: «Desestima-lo recurso de alzada interposto por Manuel Martínez Gómez, propietario número 438, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Lourido-O Sequeiro (Valdoviño, A Coruña).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente, no prazo de dous meses contados a partir da recepción desta, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que coiden pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente».