Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2003 Páx. 1.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva do proxecto sectorial do parque empresarial Monterroso.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, faise público o acordo do dez de outubro deste ano, adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, aprobando definitivamente o proxecto sectorial do parque empresarial de Monterroso, que literalmente di:

«1. Aprobar definitivamente o Proxecto sectorial do parque empresarial de Monterroso, para os efectos establecidos pola Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e o Decreto 80/2002, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

2. Declara-la utilidade pública e interese social das obras, instalacións e servicios previstos, así como a necesidade de ocupación para efectos de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución do Proxecto sectorial do parque empresarial de Monterroso.

3. As obras de urbanización especificadas no dito proxecto sectorial quedan cualificadas como de marcado carácter territorial e non estarán suxeitas a licencia urbanística municipal, nos termos da disposición adicional primeira da Lei 10/1995, de orde

nación do territorio de Galicia, e no artigo 11.3) do Decreto 80/2000, do 23 de marzo.

4. O proxecto sectorial de referencia entrará en vigor o día seguinte ó da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia».

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos, advertíndose que contra o acordo transcrito, que é definitivo en vía administrativa, se pode interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que, se é o caso, consideren procedente.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2002.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo