Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2003 Páx. 1.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Urbanismo, de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola execución do parque empresarial, no concello de Lourenzá.

Antecedentes:

1. O Concello de Lourenzá e o Instituto Galego de Vivenda e Solo formalizaron con data do 3 de febreiro de 2000 un convenio co obxectivo de realiza-la promoción pública dun parque empresarial nese concello.

2. O Plan Parcial do Parque Empresarial de Lourenzá foi aprobado definitivamente polo Pleno do concello na súa sesión do 25 de febreiro de 2002. No devandito plan parcial optouse por desenvolve-lo solo cualificado como apto para urbanizar (SAU-1), fixando un único sector que se vai desenvolver polo sistema de expropiación.

3. O Instituto Galego de Vivenda e Solo, mediante resolución do seu director xeral do 15 de maio de 2002 acordou inicia-la tramitación do expediente do proxecto de taxación conxunta e sometelo a información pública polo prazo dun mes, anunciándose no xornal El Progreso do 27 de xuño e no DOG nº 128, do 4 de xullo de 2002.

4. A taxación foi notificada individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal das correspondentes follas de aprezo e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).

Así mesmo, en aplicación do disposto no artigo 145.5º deuse traslado do expediente ó concello, para o trámite de audiencia.

5. O Instituto Galego de Vivenda e Solo remitiu o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola execución do parque empresarial a esta consellería para a súa aprobación definitiva, de conformidade co disposto polo artigo 145.6º da LSG.

Fundamentos xurídicos:

Primeiro.-A competencia do Instituto Galego de Vivenda e Solo para inicia-lo presente procedemento, como administración actuante, vén determinada pola Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do instituto, en virtude do previsto nos artigos 41, epígrafes 1º e 2º e 45, e a súa competencia en materia de xestión urbanística, como administración actuante, recoñecida no artigo 189.2º da LSG, polo que pode optar pola aplicación do procedemento de taxación conxunta, segudo o previsto no artigo 144.2º da devandita lei.

Segundo.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta, de conformidade co disposto no artigo 145 da Lei do solo de Galicia.

Terceiro.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia:

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto á situación, superficie e lindeiros.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.

Cuarto.-No Concello de Lourenzá están vixentes unhas normas subsidiarias de planeamento, aprobadas definitivamente con data 31 de xaneiro de 1995, nas que se considera un ámbito de solo apto para urbanizar (SAU-1) de uso industrial.

Os terreos obxecto de expropiación encóntranse comprendidos dentro do ámbito do Plan Parcial do Parque Empresarial de Lourenzá que foi aprobado definitivamente polo Pleno do concello na súa sesión do 25 de febreiro de 2002. No devandito plan parcial fíxase un único sector que se vai desenvolver polo sistema de expropiación.

Á vista do que antecede, e de acordo co establecido no artigo 54 da LSG, en relación co artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións (LRSV), resulta acreditada a utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados.

Quinto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse ós establecidos polo título III, artigos 23 e seguintes da Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións.

Sexto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000) pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do Parque Empresarial do Concello de Lourenzá, para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 146.1º da Lei do solo de Galicia.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos pre

vistos nos números 6º, 7º e 8º do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146.2º da Lei do solo de Galicia).

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó Instituto Galego de Vivenda e Solo, ó Concello de Lourenzá e, de xeito individualizado, a tódolos que aparezan como titulares de bens ou dereitos afectados que figuran no expediente, ós que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta Dirección Xeral de Urbanismo a súa disconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da Lei do solo de Galicia, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de edictos do Instituto Galego de Vivenda e Solo e do Concello de Lourenzá:

predio

TitularesBens que se

van expropiar

Valoración

(euros)

4María Josefa López IglesiasSolo: 3.680 m9.563,40

7José Cabaleiro AmieiroSolo: 3.140 m8.160,08

8María Carmen Piñeiro IglesiasSolo: 3.240 m8.419,95

13Hdros. de Eméritos Cabaleiro MasedaSolo: 6.180 m16.060,28

14Hdros. de Eméritos Cabaleiro MasedaSolo: 850 m2.208,94

20Juan López IglesiasSolo: 5.950 m15.462,56

21Miguel Ángel Pérez PérezSolo: 2.720 m7.068,60

22Gonzalo Bouso SalvatierraSolo: 4.020 m10.446,98

23Dolores López RicoSolo: 3.480 m9.043,65

25María Fernández SanteSolo: 700 m2.237,30

26Luisa Fernández SanteSolo: 740 m2.365,15

25-26Luis Adolfo Fernández LópezPlantacións151

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, ós que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tri

bunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación (artigo 46.1º da Lei 29/1998, da xurisdicción contencioso-administrativa). Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifesta-la súa desconformidade como se indicou no epígrafe 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2002.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo