Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.077

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente, mediante expediente anticipado de gasto, para a contratación da reposición do ascensor principal da Residencia do Maior NS dos Milagros de Cabeza de Vaca-Barbadás (Ourense).

De conformidade co establecido na Orde do 19 de decembro de 2001, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, esta delegación provincial resolve anuncia-la contratación da subministración que a continuación se cita:

1. Obxecto e orzamento: reposición do ascensor principal da Residencia do Maior NS dos Milagros de Cabeza de Vaca (Ourense), por un importe máximo de 68.347,20 euros (IVE incluído).

2. Solvencia económica, financeira e técnica: deberán acreditarse conforme o previsto nos puntos 16 e 17 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Prazo de execución: 6 meses.

4. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e demais documentación complementaria pódense solicitar nas delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais durante as horas de oficina, tódolos días laborais desde as 9 ata as 14 horas ou a través da páxina web www.xunta.es/contratación. (Telefono de información: 988 38 63 12, fax: 988 38 61 51).

5. Garantía provisional: 1.366,94 euros.

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Criterios de adxudicación: ver punto 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente no rexistro da Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Ourense, na rúa Antonio Sáenz Díez, nº 33, antes das 14 horas do sétimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviados por correo na maneira indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Delegación Provincial de Ourense, a partir das 10 horas do sexto día natural, contado a partir do seguinte aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncio: o pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

Ourense, 8 de xaneiro de 2003.

Cristina Fernández Rodríguez

Delegada provincial de Ourense