Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica o trámite de audiencia da zona de concentración parcelaria de Sobreganade (Porqueira, Ourense), devolto polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícase ó interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo a proposta de modificación que lle afecta en relación co recurso de alzada interposto por Isaac Dafonte Rodríguez, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sobreganade (Porqueira, Ourense).

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: Celso Docampo Casal.

Domicilio: Rosas, 14-Hospitalet (Barcelona).

Texto: como consecuencia do recurso de alzada presentado por Isaac Dafonte Rodríguez contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sobreganade (Porqueira, Ourense), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que lle afecta a vostede.

Durante o prazo de 10 días, contados desde a data desta notificación, poderá vostede manifesta-lo que teña por conveniente en relación con ela. O expediente teno ó seu dispor durante o dito prazo nas oficinas do Servicio de Concentración Parcelaria de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 39 70.

O que lle notifico a vostede.

Manuel Rodríguez Vázquez

Enxeñeiro técnico agrícola

Modifica-la situación do seu predio número 666, desprazándoo lixeiramente, quedando trala modificación coa mesma superficie e valor.