Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. avda. As Carolinas.
Situación: concello de Vilagarcía de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 27 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a LCS 804 Doctor Tourón, entre os CC.TT. Os Martices e Megasa, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta en avda. As Carolinas, no concello de Vilagarcía de Arousa, de 400 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, rematando no punto de inicio da liña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 11 de decembro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra