Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de xaneiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número V-2002/0249, interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda Solo, do 27 de marzo de 2002.

De conformidade co disposto no artículo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado Luciano González Valeiras, co último domicilio coñecido en avenida de Lugo, nº 6-4º B en Pontevedra, a resolución do recurso de alzada número V-2002/0249 interposto por Manuel Filgueira Capelo e Julia Alfaro Pérez contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 27 de marzo de 2002, da que a súa parte dispositiva di:

Na súa virtude,

RESOLVO:

Desestima-lo recurso de alzada número V-2002/0249

presentado por Manuel Filgueira Capelo e Julia Alfaro Pérez, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de Pontevedra, dictada o 27 de marzo de 2002, no expediente sancionador 41/2001, pola que se impón a Manuel Filgueira Capelo e Julia Alfaro Pérez, como responsables dunha infracción grave tipificada no artigo 5 e) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda a sanción de 601,02 A, xunto coa esixencia de reposición ó seu estado orixinario da situación alterada por eles, nun prazo de quince días; resolución que se confirma.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva, en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, de conformidade cos artigos 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme co disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda