De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse requirimentos de documentación pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30 Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 2 de xaneiro de 2003.
Francisco Lozano Rodríguez
Delegado territorial de Pontevedra
ANEXO
Interesado Procedemento
NIF B-15131808
R/ Pombal, 78
Portonovo-Sanxenxo
Liqu.: 6020002184Recreativos Garlo, S.L.
Solicitude de documentación para o aprazamento/fraccionamento