Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.057

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2003 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de ordenanza, do Centro Informático para Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

De conformidade co disposto nas bases 6 e 7 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de ordenanza do CIXTEC, convocadas por Resolución do 19 de xuño de 2002 (DOG do 30 de setembro), elévase a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo na categoría de ordenanza, que figuran no anexo desta resolución.

Os aspirantes que constan no citado anexo deberán presentar, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no CIXTEC, a documentación a que se refire a base 7.1 da convocatoria.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que dicta o acto e ademais recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2003.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO

Lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo

de persoal laboral fixo de ordenanza do CIXTEC

Nome e apelidosDNINota 1º exerc.Nota 2º exerc.Nota 3º exerc.Total

Jorge Armando García Rodríguez76725598-J18,673,5Apto22,17