Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2003 Páx. 1.006

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN

ORDE do 21 de xaneiro de 2003 pola que se determina a adscrición dos órganos dependentes da suprimida Dirección Xeral de Cooperación Exterior á Dirección Xeral de Apoio á Inmigración.

Mediante Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, modificouse a estructura orgánica da Xunta de Galicia, integrándose nela a Consellería de Emigración.

No Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, fixouse a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, estructurándose a Consellería de Emigración en tres órganos superiores: a Secretaría Xeral, a Dirección Xeral de Emigración e a Dirección Xeral de Apoio á Inmigración.

Ó abeiro do disposto na disposición transitoria primeira do devandito Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, cómpre determina-la adscrición dos órganos dependentes da suprimida Dirección Xeral de Cooperación Exterior á nova Dirección Xeral de Apoio á Inmigración.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Entrementres non se aproben os correspondentes decretos de estructuras orgánicas dos departamentos da Xunta de Galicia, adscríbese todo o persoal das diferentes unidades administrativas dependentes da suprimida Dirección Xeral de Cooperación Exterior á Dirección Xeral de Apoio á Inmigración.

Artigo 2º

A adscrición efectuarase respectando os mesmos niveis dos postos que viñan ocupando na Dirección Xeral de Cooperación Exterior e con efectos administrativos desde o día 21 de xaneiro de 2003.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2003.

Aurelio Miras Portugal

Conselleiro de Emigración

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA