Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2003 Páx. 1.005

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 9 de decembro de 2002 pola que se adxudican as bolsas para persoal auxiliar de investigación (técnicos especialistas en FP-2) convocadas pola Orde do 18 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 22 de outubro).

Advertido erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 245, do venres 20 de decembro de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 17.407, anexo II, na especialidade de Química/Análise e procesos básicos-Química/Análise e control, a suplente Retamal Muñiz, Áurea (nota media 2.7), que figura despois de Cores Rial, Lorena, debe aparecer despois de Sieiro Camiña, Sonia.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA