Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESURES

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión que tivo lugar o día 20 de decembro de 2002, o expediente da 5ª modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, para descatalogación dun inmoble na rúa San Lois, redactada polo arquitecto Ramón Blas Tojo Ferreiro, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Durante este período poderá ser examinado o expediente na secretaría do concello e formula-las alegacións que se estimen pertinentes.

Así mesmo, faise pública a suspensión do outorgamento de licencias naquelas áreas do territorio obxecto da modificación puntual, dado que as novas determinacións recollidas supoñen modificación do réxime urbanístico vixente nelas.

Pontecesures, 14 de xaneiro de 2003.

Manuel L. Álvarez Angueira

Alcalde