Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 974

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (730/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 730/2002 por instancia de Mª José Sánchez Fraga e outros

contra Construcciones Peña Aguda, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 30-11-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que, estimando a demanda promovida por María José Sánchez Fraga, Marcos Álvarez Vázquez, José Manuel López González, Antonio Garrido Rodríguez, Indalecio García Beascoechea, contra Construcciones Peña Aguda, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que lles aboe ós demandantes as cantidades seguintes: María José Sánchez Fraga, 4.697,66 A, a Marcos Álvarez Vázquez, 5.105,48 A a José Manuel López González, 13.298,40 A, a Antonio Garrido Rodríguez, 8.385,64 A e a Indalecio García Beascoechea, 756,17 A, por tódolos conceptos reclamados en demanda. Así, por esta miña sentencia contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter

depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse, a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría o tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse este depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Construcciones Peña Aguda, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 9 de decembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado