Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 973

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE PONTEVEDRA

EDICTO (11/2002).

En virtude do acordado pola maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Pontevedra, no procedemento de referencia, por medio deste edicto faise saber á entidade demandada que se dictou a resolución do teor literal seguinte:

«Auto.

A maxistrada xuíza, María Aurelia Montenegro Arce, en Pontevedra o 17 de outubro de 2002.

Antecedentes de feitos.

Primeiro.-A procuradora Alejandra Freire Riande, actuando en nome e en representación de Obrascón Huarte Laín, S.A. e Construcciones Laín, S.A., solicitou a execución forzosa do laudo arbitral dictado o 29 de abril de 1998, resolvendo a cuestión litixiosa suscitada entre a súa representación e Sociedad Cooperativa de Viviendas Altavista.

Segundo.-Da petición á que se fai referencia no feito que antecede conferiuse traslado a Sociedad Cooperativa de Viviendas Altavista para os fins e polo prazo establecido no artigo 55 da Lei de arbitraxe, o que se levou a cabo por medio de edictos, ó ser descoñecido o seu domicilio.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O título presentado leva aparellada execución, conforme o establecido no artigo 517.2.2. da LAC, sendo a cantidade reclamada determinada e líquida.

Segundo.-O escrito reúne os requisitos do artigo 549.1º da LAC, cumpre así mesmo cos orzamentos procesuais esixidos no artigo 550 e a medida de embargo solicitada é a adecuada nunha reclamación diñeiraria, polo que, como dispón o artigo 551 da LAC, procede despacha-la execución solicitada.

En canto ós xuros e custas, o reclamado non supera o 30% da cantidade reclamada, conforme o artigo 575 da LAC.

Terceiro.-Non sendo necesario na execución de resolucións arbitrais o previo requirimento de pagamento, artigo 580 da LAC, procede decretar directamente nesta resolución o embargo dos bens designados pola parte executante, en canto se estiman suficientes para cubri-las cantidades reclamadas.

Parte dispositiva.

Procede despacha-la execución solicitada pola procuradora sra. Freire, en nome e representación de Obrascón Huarte Laín, S.A. e Construcciones Laín, S.A., parte executante, fronte á Sociedad Cooperativa de Viviendas Altavista, parte executada, polas seguintes cantidades:

1. 1.359.621,06 euros de principal.

2. 407.886,31 euros de xuros e custas da execución.

3. Decláranse embargados os seguintes bens: inmoble propiedade da demandada Sociedad Cooperativa de Viviendas Altavista, inscrita baixo o número 52292 do libro 782 do tomo 1699 do Rexistro da Propiedade número dous de Vigo.

Para a efectividade do embargo, líbrese mandamento ó Rexistro da Propiedade de Vigo.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso, sen prexuízo da oposición que poida formula-lo executado, de acordo co artigo 551.2º da LAC, no prazo de dez días.

Así por este auto, dispóñoo, mándoo e asínoo. Dou fe. A maxistrada-xuíza. O/A secretario/a. Rubricado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da Sociedad Cooperativa de Viviendas Altavista, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 30 de outubro de 2002.

O/A secretario/a

Rubricado