Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 972

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo do grao superior (grupo A), escala de enxeñeiros de telecomunicacións, da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), pola que se ordena a publicación de proposta de relación de aspirantes que superaron o citado proceso.

En sesión que tivo lugar o día 20 de xaneiro de 2003 o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de telecomunicacións, convocado pola Orde do 8

de outubro de 2001, acordouse, de conformidade coa base IV da citada convocatoria, publica-la proposta de aspirantes que superaron, por orde de puntuación, as citadas probas.

Así mesmo, tal e como dispón a mencionada base IV, acordouse eleva-la citada proposta á directora xeral da Función Pública.

A orde de puntuación dos aspirantes establécese de acordo coa suma de puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal e como dispón a base II.2.5 da convocatoria e é a que figura no anexo, que se xunta á presente resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2003.

José Manuel González González

Presidente do tribunal

ANEXO

Proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior (grupo A), escala de enxeñeiros de telecomunicacións da Xunta de Galicia (acceso libre)

Opositor: Franco Tubío, Javier.

DNI: 32774254-J.

Exame 1º: 16,18.

Exame 2º: 14,53.

Exame 3º: dispensado.

Exame 4º: 08,00.

Concurso: 08,40.

Nota final: 47,11.

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE