De conformidade cos convenios de colaboración de axuda financeira ás Pemes dos anos 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002 e 2003 e do convenio de apoio financeiro ó sector pesqueiro de Galicia (publicado mediante Resolución do 22 de xuño de 2001 no Diario Oficial de
Galicia nº 133, do 10 de xullo), os tipos de xuro para exercicios futuros dos préstamos subvencionados pola Xunta de Galicia que se formalizaron ó abeiro dos ditos convenios serán variables por semestres naturais, establecéndose no texto dos correspondentes convenios o sistema de determinación do tipo de xuro.
Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do Mibor e Euribor durante o período establecido en cada convenio, e en virtude das facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Primeiro.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o primeiro semestre do ano 2003 ós
préstamos en vigor dos convenios de axuda financeira ás Pemes dos anos 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002 e 2003 e do convenio de apoio financeiro ó sector pesqueiro de Galicia serán os seguintes:
-Préstamos do convenio Pemes 1993: 4,85%.
-Préstamos do convenio Pemes 1994: 4,85%.
-Préstamos do convenio Pemes 1995: 4,85%.
-Préstamos do convenio Pemes 1996: 4,75%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,75 puntos, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de engadir ó tipo de referencia (3,02) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.
-Préstamos dos convenios Pemes 1997 e 1998: 4,30%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,25 puntos, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de engadir ó tipo de referencia (3,04) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.
-Préstamos dos convenios Pemes 1999, 2000, 2001, 2002 e 2003 e do convenio de apoio financeiro ó sector pesqueiro de Galicia: 4,20%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,15 puntos, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de engadir ó tipo de referencia (3,037) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.
Segundo.-As entidades financeiras deberán comunicarlles ós beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2003.
José Antonio Orza Fernández
Presidente do Instituto Galego de Promoción
Económica
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA