Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 949

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación singular das normas subsidiarias de Nigrán.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o 29 de novembro de 2002, acordou encargar ós servicios técnicos municipais que redacten unha proposta de

modificación das normas subsidiarias de planeamento tendente a conseguir unha sección viaria axeitada ás necesidades da referida zona, propoñendo a ordenación urbanística que corresponda.

De conformidade co previsto no artigo 34 da Lei do solo de Galicia e concordantes do Regulamento de planeamento urbanístico, corresponde suspende-las licencias de parcelación e edificación nas parcelas con fronte á praza Manuel Mogimes, números 1 e 2; e á rúa Tomás Mirambell, número 3, 5 e 7.

Nigrán, 18 de decembro de 2002.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde