Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 2/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 20 de decembro de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle co obxecto de ordena-lo volume necesario para efectua-lo remate das medianeiras existentes na esquina da praza de María Pita cara á rúa San Agustín, promovido por Nostrus Iniciativas Familiares, S.L.

Segundo.-Someter a información pública, polo prazo dun mes de duración, o expediente administrativo e o documento que contén o estudio de detalle, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las

alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na Oficina de Información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán satisfeitos polo seu promotor.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo