Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AVIÓN

ANUNCIO.

Resolución do 16 de decembro de 2002, do alcalde do Concello de Avión (Ourense), referente á convocatoria para prover, mediante o sistema de concurso-oposición libre, unha praza do cadro de persoal laboral desta corporación denominada operario de servicios varios, pertencente ó persoal de oficios, asimilada ó grupo E, e correspondente á oferta de emprego público do ano 2002. As bases da convocatoria publícanse integramente no BOP de Ourense nº 7, do 10 de xaneiro de 2003.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse, unicamente, no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios do concello.

Avión, 14 de xaneiro de 2003.

Francisco Gil Zamora

Alcalde