Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 939

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 9 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncian os traballos de investigación da propiedade da zona de concentración parcelaria de Vizoño-Vilacova e parcelas dos lugares de Folgoso, Vións e Leiro (Abegondo-A Coruña).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Vizoño-Vilacova (Abegondo-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 218/1992, do 24 de xullo (DOG nº 148, do 31 de xullo) e resolución da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, 6 de novembro de 2002 (DOG nº 230, do 28 de novembro), de ampliación de perímetro ás parcelas dos lugares de Folgoso, Vións e Leiro, que se van inicia-los traballos de investigación da propiedade para efectos de concentración, que darán comezo ó día seguinte ó da publicación deste aviso e se prolongarán durante o tempo necesario, no lugar habilitado para o efecto na mesma parroquia.

Requírense ós propietarios, alugados e parceiros e en xeral, os cultivadores e titulares de calquera dereito, para que dentro do citado prazo, presenten ó persoal encargado dos citados traballos os títulos en que funden os seus dereitos ou declaren, en todo caso, os gravames ou situacións xurídicas que afecten ás súas leiras ou dereitos.

Advírtese que as leiras dos propietarios que non aparecesen neste período serán consideradas como leiras de descoñecidos e daráselle o destino sinalado na Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001. Tamén se advirte que a falsidade destas

declaracións dará lugar, con independencia das sancións penais, á responsabilidade por danos e perdas que se deriven dela.

Os traballos de concentración afectarán á totalidade das parcelas pertencentes ás parroquias de Vizoño-Vilacova, e ás parcelas indicadas dos lugares de Folgoso, Vións e Leiro, do concello de Abegondo. Polo tanto, os seus propietarios deberán, no seu propio interese, ademais de face-la declaración das súas parcelas, segui-lo desenvolvemento dos traballos de concentración para facer vale-los seus dereitos no momento oportuno.

A Coruña a 9 de decembro de 2002.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña