Aprobado o Decreto 22/2003, do 20 de xaneiro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, tendo en conta o disposto no artigo 4, alínea 13 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de xaneiro de dous mil tres,
Nomeo a Jesús Mª Gamallo Aller secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.
Santiago de Compostela, vintetrés de xaneiro de dous mil tres.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais
e Administración Pública