Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 913

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 61/2003, do 23 de xaneiro, polo que se dispón que cese Cristina Fernández Rodríguez como delegada provincial da Consellería de Asuntos Sociais de Ourense.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello

da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de xaneiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Cristina Fernández Rodríguez como delegada da Consellería de Asuntos Sociais en Ourense.

Santiago de Compostela, vintetrés de xaneiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións

Laborais