Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 911

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 53/2003, do 23 de xaneiro, polo que se dispón que cese Miguel Rodríguez Barrio como secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de xaneiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Miguel Rodríguez Barrio como secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

Santiago de Compostela, vintetrés de xaneiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións

Laborais